InicioLugo e contornaLugoRematan os traballos de renovación das pistas de squah do Pazo dos...

Rematan os traballos de renovación das pistas de squah do Pazo dos Deportes en Lugo

A intervención centrouse na renovación dos paneis de madeira da parede dianteira, con polímero de alta resisencia e hidrófugo, e na reparación dos muros laterais con revestimento de morteiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As pistas de squash do Pazo dos Deportes funcionan de novo a pleno rendemento tras rematar os traballos de renovación contratados pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A intervención centrouse na renovación dos paneis de madeira da parede dianteira, con polímero de alta resisencia e hidrófugo, e na reparación dos muros laterais con revestimento de morteiro.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro explicou que “se trata dun investimento máis na modernización e actualización do Pazo, unha instalación que, ademais de ser a casa do baloncesto, empregan deportistas doutras modalidades, ofrecendo un servizo fundamental para a actividade deportiva na cidade de Lugo”

A Vicepresidencia da Deputación destinou 36.000 euros á renovación destes espazos deportivos, que empregan habitualmente deportistas dos clubs lucense Squash Muralla e Monstruíños, ademais doutros deportistas a título particular.

+ posts

ÚLTIMAS

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...