InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo adxudica tres obras e licita dúas intervencións por...

O Concello de Lugo adxudica tres obras e licita dúas intervencións por case 2,5 millóns

A Xunta de Goberno local tamén aprobou unha convocatoria de 28.000 euros para apoiar proxectos de dinamización económica impulsados por entidades sen ánimo de lucro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo adxudicou tres obras na cidade

– Pavimentación do Camiño Primitivo en San Lázaro no barrio de A Ponte á empresa Cholo, S.L., por un importe total de 205.200,36 €. Os traballos terán un prazo de execución de tres meses.

– O abastecemento de auga en San Martiño de Ombreiro incluída no Plan Provincial Único de Cooperación 2026 se adxudica a Ogalia Contratas  (233.530 €), prazo de execución 3 meses.

– Pasarela peonil da Ronda da República Argentina, que executará a UTE formada por Citanias Obras y Servicios e Geocaminos por un importe de 1.115.361,22 euros. A actuación terá un prazo máximo de execución de sete meses e trece días e permitirá avanzar nunha infraestrutura destinada a mellorar a mobilidade peonil e a accesibilidade nesta zona da cidade. A oferta inclúe, ademais, unha ampliación de 36 meses sobre o prazo mínimo de garantía, polo que a obra contará cunha garantía total de cinco anos. Trátase dunha actuación que o Partido Popular xa propuxera no Pleno de xullo de 2021. Naquel momento, PSOE e BNG votaron en contra da iniciativa  para impulsar esta infraestrutura.

Este mesmo luns 24 de agosto, a alcaldesa de Lugo, Elena Candia, anunciou dúas novas intervencións:

– Impulsar as obras de humanización do parque de San Lorenzo (469.254,17€)

– Vial de conexión entre rio Eo e Otero Pedrayo no barrio de Paradai(390.780,57€)

“Son actuacións moi diferentes entre si, pero todas responden a unha mesma forma de traballar: atender necesidades concretas, desbloquear expedientes e avanzar en solucións que melloran os barrios, as parroquias e a vida cotiá dos lucenses”, destacou o Goberno municipal.

Subvencións Dinamización Económica

Por último a Xunta de Goberno local tamén aprobou unha convocatoria de 28.000 euros para apoiar proxectos de dinamización económica impulsados por entidades sen ánimo de lucro. Estas subvencións están impulsadas pola concellería de Dinamización Económica. As achegas non poderán superar os 2.000 € por solitante e o obxectivo é “realizar accións de impulso da actividade económica, empresarial, comercial do emprego e da hostelería dentro do termo municipal de Lugo”.

+ posts

ÚLTIMAS

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...