InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo anima a participar nas I Olimpíadas de Envellecemento...

O Concello de Lugo anima a participar nas I Olimpíadas de Envellecemento Saudable

O Centro de Convivencia de Fingoi organiza unha xornada de deporte, convivencia e hábitos saudables que se celebrará o 19 de setembro en Chantada, con probas deportivas e cognitivas e unha ruta de sendeirismo pola Ribeira Sacra

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo, a través do Centro de Convivencia de Fingoi, da área de Política Social, Maiores e Migración, organiza a participación lucense nas I Olimpíadas de Envellecemento Saudable, que se celebrarán o vindeiro sábado 19 de setembro en Chantada.

A actividade está aberta a persoas de todas as idades e combina deporte, exercicio cognitivo e convivencia. As persoas participantes deberán contar cunhas condicións físicas mínimas que lles permitan realizar a ruta de sendeirismo de aproximadamente sete quilómetros prevista dentro do programa.

A xornada comezará coa saída desde Lugo ás 8:30 horas, desde a Praza de Bretaña, con destino a Chantada. Durante a mañá desenvolveranse diferentes probas deportivas de resistencia, forza e velocidade, que se combinarán con actividades cognitivas como xadrez e dominó.

O programa incluirá tamén a entrega de premios, música e un xantar popular. Pola tarde realizarase unha ruta de sendeirismo de sete quilómetros pola Ribeira Sacra e, de maneira opcional, unha visita a unha adega. A xornada rematará con música e coa elaboración dun mural colectivo, estando prevista a chegada de regreso a Lugo arredor das 20:30 horas.

Inscricións do 25 ao 28 de agosto

As persoas interesadas en participar nas Olimpíadas e representar ao Concello de Lugo deberán realizar a súa inscrición presencialmente no Centro de Convivencia de Fingoi entre o martes 25 e o venres 28 de agosto. O prezo da actividade é de 12 euros por persoa e inclúe o programa previsto para toda a xornada.

Desde o Concello de Lugo anímase á cidadanía a participar nesta primeira edición das Olimpíadas, unha iniciativa que busca fomentar un envellecemento activo e saudable desde unha perspectiva interxeracional, promovendo a actividade física, o exercicio cognitivo e as relacións sociais en todas as etapas da vida.

+ posts

ÚLTIMAS

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...