InicioLugo e contornaLugoO goberno local de Lugo aproba as bases para tramitar subvencións para...

O goberno local de Lugo aproba as bases para tramitar subvencións para o exercicio 2025 e primeiro semestre 2026

 O concello de Lugo dá un novo paso para facer realidade unha actuación comprometida que mellorará a seguridade viaria no acceso ao colexio de As Gándaras, cunha intervención na rúa Soidade entre a Calzada de As Gándaras e a rúa do Peto

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local aprobou fóra da orde do día as bases que permitirán tramitar as subvencións destinadas ás asociacións deportivas e ás entidades sen ánimo de lucro que desenvolven actividades nas áreas de Cultura, Educación, Deportes, Infancia e Xuventude.

A medida permitirá iniciar a convocatoria correspondente ao exercicio 2025 e ao primeiro semestre de 2026, así como a posterior tramitación das solicitudes e concesión das axudas. O propio expediente xustifica a urxencia da aprobación pola necesidade de evitar demoras na resolución e no pagamento das axudas, tendo en conta que estas contribúen ao financiamento dos programas e actividades desenvolvidos polas entidades deportivas.

Unha situación que o Goberno local quere poñer ao día

A situación de partida está marcada polo ocorrido en 2024. A convocatoria das axudas correspondentes a ese exercicio, por parte do anterior Goberno do PSOE e do BNG, publicouse no BOP o 26 de decembro, polo que nin había tempo para presentar a documentación por parte dos clubes, nin tampouco para tramitalas dentro do propio exercicio.

O ocorrido coas axudas de 2024 é un bo exemplo do que nos atopamos ao chegar ao Goberno: unha Administración que non era capaz de tramitar en tempo e forma recursos que son importantes para os nosos clubs”. As novas bases incorporan un incremento da achega municipal. Se habitualmente se destinaban arredor de 321.000 euros a estas axudas, agora a contía elévase ata os 481.000 euros. Con este incremento se porá ao día o DEBE das axudas deportivas xa que se perdeu unha anualidade enteira.

A alcaldesa puxo tamén en valor o esforzo realizado polas entidades deportivas durante este período: “Os clubs fixeron un esforzo moi importante para poder seguir adiante a pesar desta situación, pero entendemos que non é xusto que teñan que soportar as consecuencias dunha mala xestión administrativa. Temos que cumprir cos nosos equipos e coas entidades que cada día traballan polo deporte en Lugo”. O obxectivo é recuperar a normalidade na tramitación das axudas e chegar a 2027 cunha convocatoria ordenada, que permita ao Concello cumprir cada ano co apoio que corresponde ao tecido deportivo da cidade.

Licenza para unha residencia de persoas maiores en Recatelo

Outro dos asuntos tratados foi a concesión dunha licenza para a construción dunha residencia para 115 persoas maiores no barrio de Recatelo, promovida pola empresa Ballesol. A alcaldesa destacou a importancia deste proxecto para a cidade e sinalou que se trata dunha actuación que suporá unha importante intervención no ámbito da rehabilitación e recuperación deste espazo do barrio.

En relación coa construción da pasarela peonil sobre a Ronda República Argentina, o Goberno local informou de que o pasado 9 de xullo ADEGA presentou un escrito no Concello solicitando determinada documentación relativa a eta actuación. Por deferencia e antes de proceder á adxudicación, na Xunta de Goberno local se decidiu dar resposta á petición de documentación presentada por esta entidade, poñendo á súa disposición a información solicitada. A Xunta de Goberno Local aprobou tamén o patrocinio de Caudal Fest, por importe de 227.000 euros, dentro do apoio municipal a esta actividade

Persoal

Outros asuntos que se aprobaron hoxe na Xunta de Goberno local foron o da renovación da comisión de servizos da persoa encargada de augas. Trátase dun posto que se atopa vacante e que leva un ano cuberto temporalmente. Mentres non se resolva a convocatoria para a súa cobertura definitiva, e por razóns de necesidade, proponse dar continuidade a esta cobertura temporal para garantir o funcionamento do servizo.

Así mesmo, a Xunta de Goberno Local deu o visto bo a unha atribución temporal de funcións para o capataz da Brigada Forestal. O concello de Lugo dá un novo paso para facer realidade unha actuación comprometida que mellorará a seguridade viaria no acceso ao colexio de As Gándaras, cunha intervención na rúa Soidade entre a Calzada de As Gándaras e a rúa do Peto.

 

Seguridade viaria

 O concello de Lugo dá un novo paso para facer realidade unha actuación comprometida que mellorará a seguridade viaria no acceso ao colexio de As Gándaras, cunha intervención na rúa Soidade entre a Calzada de As Gándaras e a rúa do Peto. A intervención conta cun custo de licitación duns 150.000 euros e permitirá acondicionar un tramo de 230 metros, dotando dunha infraestrutura peonil básica unha zona utilizada diariamente por alumnado, familias e veciñanza. A alcaldesa, Elena Candia, informou que se iniciaron os trámites para a obtención dos terreos necesarios para facer a beirarrúa xa que se precisa facerse con aproximadamente 60 metros de lonxitude de 2,5 metros de ancho, de dúas propiedades.

 

Un proxecto que leva anos pendente

 

A actuación parte dunha encomenda a EVISLUSA realizada en 2018 para o desenvolvemento do proxecto. Desde o Grupo Municipal do Partido Popular reclamouse reiteradamente a súa execución e incorporouse tamén  como proposta no marco dos orzamentos municipais e é un dos compromisos adquiridos cos lucenses no noso proxecto de cidade.

 

Entre as novidades respecto do proxecto anterior figura a creación, na marxe dereita, dunha plataforma con rampa adaptada que permitirá reubicar a parada de bus que existe nesta zona. O proxecto contempla ademais o mantemento dos actuais reductores de velocidade e a ampliación do paso de peóns situado na Calzada das Gándaras con  Virxe da Soidade entre outras melloras.
Na zona situada diante do colexio habilitarase espazo para o estacionamento para autobuses, mentres que tamén se realizará a correspondente sinalización para o estacionamento de vehículos particulares nas dúas marxes. A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou que “esta obra ademais de ser un compromiso adquirido é un acto de xustiza para protexer a seguridade na contorna do centro educativo e para o resto da veciñanza do barrio”.
+ posts

ÚLTIMAS

A Asociación Veciñal As Carballeiras exixe a reparación urxente de dúas marquesiñas de autobús en Lugo

A Asociación Veciñal As Carballeiras fixo pública a súa denuncia polo mal estado no...

Orzamento de 400.000 euros da Deputación para mellora de estradas e impulso do rural

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou nesta xornada novos investimentos por...

A Deputación de Lugo licitará o proxecto de ampliación do Pazo dos Deportes sen ter aínda pechado o financiamento

A Deputación de Lugo iniciará os trámites para contratar a redacción do proxecto de...

A USC recibe o Muíño de Olga para convertelo nun espazo de divulgación científica en Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará o Muíño de Olga, en Lugo, á súa...