Home Lugo e contorna Lugo O Concello de Lugo esixe a Adif a apertura inmediata ao tráfico da rúa Conde Fontao

O Concello de Lugo esixe a Adif a apertura inmediata ao tráfico da rúa Conde Fontao

0
O Concello de Lugo esixe a Adif a apertura inmediata ao tráfico da rúa Conde Fontao
A alcaldesa de Lugo, Elena Candia.. Carlos Castro - Europa Press
As obras de reurbanización da rúa Conde Fontao están integradas dentro do proxecto de construción da nova estación de Lugo, que executa Adif. Ao tratarse dunha obra desa Administración, é a Adif a quen corresponde recibila e poñela a disposición do uso público, unha vez concluída.
Segundo a información da que dispón o Concello, a empresa adxudicataria está a realizar neste momento os últimos remates no ámbito da obra, que a día de hoxe continúa sen ser recibida por Adif.
O peche da rúa Conde Fontao prolóngase xa desde finais de abril e afecta á mobilidade nun dos puntos de referencia do centro da cidade. O Concello de Lugo non está disposto a que a lentitude de Adif en recibir unha obra xa practicamente rematada siga prexudicando o día a día dos lucenses.
O Concello trasladoulle a Adif en varias ocasións a necesidade de reabrir ao tráfico a rúa Conde Fontao coa maior brevidade posible. O Concello insiste en que, aínda que sexa Adif quen debe recibir e habilitar a obra, a Administración estatal non pode seguir demorando unha decisión que corresponde exclusivamente a súa xestión. Ata o momento estas peticións realizáronse de forma verbal; ante a falta de resposta, o Concello vai esgotar a vía formal e remitirá nos vindeiros días un requirimento a Adif esixindo a apertura inmediata ao tráfico deste vial, sen máis demora.
Cronoloxía dos plans de tráfico tramitados polo Concello
O Concello de Lugo foi autorizando, por petición da empresa construtora e de Adif, os sucesivos cortes de tráfico necesarios para a execución da obra:
    • 9 de abril de 2026: aprobación do primeiro Plan de Tráfico, que autorizou á empresa construtora o corte na praza Conde Fontao e na rúa Alta. O corte fíxose efectivo o 27 de abril, cun prazo previsto dun mes.
    • 1 de xuño de 2026: aprobación dun novo Plan de Tráfico, solicitado pola construtora e Adif, para ampliar o ámbito do corte e executar a miniglorieta na intersección da rúa San Eufrasio coas rúas Castelao e Montero Ríos. Prazo previsto: 20 días.
    • 12 de xuño de 2026: aprobación dun terceiro Plan de Tráfico para a execución do aglomerado e a pavimentación do ámbito da obra, con corte total nocturno durante dous días, do luns 15 ao xoves 18 de xuño.
+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here