InicioLugo e contornaLugoElena Candia recibe ao nadador lucense Mauro Rodríguez Baliña, referente da natación...

Elena Candia recibe ao nadador lucense Mauro Rodríguez Baliña, referente da natación adaptada

Rodríguez conta cunha ampla traxectoria deportiva, con varios títulos de campión de España e récords estatais en distintas prazas de mariposa e libres

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, acompañada polo concelleiro de Deportes, Infancia e Xuventude, Damián Carballo, e a concelleira de Economía, Participación, Servizos á Veciñanza e Benestar Animal, Mar Carballás, recibiu ao nadador lucense Mauro Rodríguez, referente da natación adaptada e membro de Down Lugo.

Rodríguez conta cunha ampla traxectoria deportiva, con varios títulos de campión de España e récords estatais en distintas prazas de bolboreta e libres, así como fitos como ser o primeiro nadador con síndrome de Down en completar a Travesía a Nado da Ría de Vigo.

A súa carreira está tamén ligada a importantes logros de inclusión social e laboral, ao converterse no primeiro galego con síndrome de Down en obter unha praza nunha oposición do Estado.

Durante o encontro, a rexedora trasladoulle o seu recoñecemento: “Es un campión, e non cho digo como Elena, dígocho coma alcaldesa: Como Concello estamos moi orgullosos de ti”.

+ posts

ÚLTIMAS

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...