InicioLugo e contornaLugoDenuncian desfeitas no xardín da Fonte dos Ranchos causadas polo xabaril en...

Denuncian desfeitas no xardín da Fonte dos Ranchos causadas polo xabaril en Lugo

A plataforma considera «insostible» a inacción da Xunta de Galicia e do Concello de Lugo ante os constantes danos causados polas crías de xabarís e as súas nais

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Veciñal Barrio da Residencia denunciou o estragamento da herba no xardín da Fonte dos Ranchos, provocado por un número importante de xabarís durante a madrugada do 4 ao 5 de agosto.

Segundo alertan desde o colectivo veciñal, a zona afectada atópase rodeada por dúas das vías con maior intensidade de tráfico na entrada e saída da cidade. Esta circunstancia constitúe un risco serio de accidentes de circulación para os vehículos que transitan polo barrio ou que aceden a Lugo desde as zonas norte e oeste.

A plataforma considera «insostible» a inacción da Xunta de Galicia e do Concello de Lugo ante os constantes danos causados polas crías de xabarís e as súas nais. Nas súas declaracións, sinalan que estes animais representan un problema moi grave para a seguridade cidadá, xa que poden actuar en defensa propia e provocar ataques se se senten ameazados polas mascotas da veciñanza durante os paseos nocturnos.

Así mesmo, advirten do risco de transmisión de enfermidades ao trátarse de animais salvaxes que viven en liberdade e sen controis sanitarios. Desde a plataforma lembran que o xardín danado esta semana foi a zona de xogos duns festexos infantís celebrados o pasado 22 de xuño, o que ao seu xuízo evidencia o perigo sanitario de compartir espazos lecer nos que estes exemplares comen e defecan a diario.

Por todo isto, a Plataforma Veciñal fai un chamamento para que a Xunta de Galicia, como administración competente, e en colaboración co Concello de Lugo, adopte medidas urxentes que eviten unha traxedia tanto neste como en calquera outro barrio da cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

A Asociación Veciñal As Carballeiras exixe a reparación urxente de dúas marquesiñas de autobús en Lugo

A Asociación Veciñal As Carballeiras fixo pública a súa denuncia polo mal estado no...

Orzamento de 400.000 euros da Deputación para mellora de estradas e impulso do rural

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou nesta xornada novos investimentos por...

A Deputación de Lugo licitará o proxecto de ampliación do Pazo dos Deportes sen ter aínda pechado o financiamento

A Deputación de Lugo iniciará os trámites para contratar a redacción do proxecto de...

A USC recibe o Muíño de Olga para convertelo nun espazo de divulgación científica en Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará o Muíño de Olga, en Lugo, á súa...