InicioLugo e contornaLugoSesión gratuíta para a prevención de adiccións organizada polo Concello de Lugo

Sesión gratuíta para a prevención de adiccións organizada polo Concello de Lugo

O programa +XTi forma parte da aposta do Concello de Lugo pola prevención das condutas adictivas e pola promoción dun lecer saudable, desenvolvendo ao longo do ano actividades formativas, divulgativas e de sensibilización dirixidas tanto á mocidade como ás familias e á cidadanía en xeral

PUBLICADA O

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Xuventude e Deportes, organiza este xoves, 6 de agosto, unha sesión formativa dirixida a nais, pais e á poboación en xeral co obxectivo de ofrecer ferramentas prácticas para a prevención das adiccións e a promoción de hábitos saudables no ámbito familiar.
A actividade desenvolverase a partir das 17:00 horas no Centro Cívico Municipal Uxío Novoneyra, con entrada libre e gratuíta, dentro da programación de Ocio e Familias do programa municipal +XTi.
A sesión será impartida por Brais Romanos, psicólogo especializado en saúde e prevención, graduado pola Universidade da Coruña e con formación en prevención de riscos laborais, recursos humanos e docencia no ámbito socioeducativo e da saúde. Ao longo da súa traxectoria participou en diferentes programas de concienciación familiar e social en Galicia, especialmente en accións centradas na prevención das adiccións.
Durante a charla abordaranse cuestións de especial interese para as familias, como o establecemento de normas e límites na educación, a identificación de sinais relacionadas con hábitos de risco, así como pautas e recomendacións para afrontar situacións que poidan afectar ao benestar da infancia e da mocidade.
O concelleiro de Xuventude e Deportes, Damián Carballo, destacou a importancia deste tipo de iniciativas, xa que “as familias son unha peza fundamental na prevención e é necesario ofrecerlles ferramentas útiles, información rigorosa e espazos nos que resolver dúbidas e adquirir recursos para acompañar aos seus fillos e fillas nas distintas etapas do seu desenvolvemento”.
Carballo subliñou ademais que “a prevención é unha responsabilidade compartida e, desde o Concello, queremos seguir impulsando actividades que contribúan a fortalecer o papel das familias e a promover hábitos de vida saudables entre a nosa mocidade”.
O programa +XTi forma parte da aposta do Concello de Lugo pola prevención das condutas adictivas e pola promoción dun lecer saudable, desenvolvendo ao longo do ano actividades formativas, divulgativas e de sensibilización dirixidas tanto á mocidade como ás familias e á cidadanía en xeral.
O Concello anima ás persoas interesadas a participar nesta sesión, que ofrece unha oportunidade para adquirir coñecementos e recursos prácticos nun ámbito de especial relevancia para a educación e o acompañamento familiar.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...