InicioLugo e contornaLugoLugo nomea fillo adoptivo ao xornalista Fernando Ónega este venres 7 de...

Lugo nomea fillo adoptivo ao xornalista Fernando Ónega este venres 7 de agosto

O Concello de Lugo continúa coa programación de 'Cine na Rúa' na zona rural cunha nova sesión que terá lugar o vindeiro sábado 15 de agosto, na parroquia de San Xoán do Campo, a partir das 22:00 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo continúa coa programación de ‘Cine na Rúa’ na zona rural cunha nova sesión que terá lugar o vindeiro sábado 15 de agosto, na parroquia de San Xoán do Campo, a partir das 22:00 horas.

Nesta ocasión, os veciños e veciñas poderán desfrutar ao aire libre da película de animación ‘Los tipos malos 2’, unha proposta pensada para gozar en familia e que combina humor, aventura e acción. A película, estreada en España en 2025, está clasificada como apta para todos os públicos e especialmente recomendada para a infancia.

A nova sesión de ‘Cine na Rúa’ forma parte da programación impulsada polo Concello de Lugo para achegar actividades culturais e de lecer ás parroquias do rural, favorecendo que os veciños e veciñas poidan desfrutar dunha oferta de ocio de calidade sen necesidade de desprazarse ao centro da cidade. Desde o Concello destacan a importancia de seguir levando a cultura e o entretemento ao rural, creando espazos de encontro e convivencia entre os veciños e ofrecendo actividades especialmente pensadas para desfrutar en familia durante os meses de verán.

‘Los tipos malos 2’ recupera aos protagonistas da primeira película, agora reformados e decididos a facer o ben, que se ven involucrados nun novo e inesperado golpe. A historia combina comedia, aventura e acción nunha proposta destinada tanto ao público infantil como familiar.

O Concello de Lugo anima a todos os veciños e veciñas de San Xoán do Campo e das parroquias próximas a participar nesta nova sesión de ‘Cine na Rúa’, para compartir unha noite de cine ao aire libre e continuar desfrutando do verán no rural de Lugo.

FERNANDO ÓNEGA, FILLO ADOPTIVO

O venres 7 de agosto, ás 18:00 horas, Lugo lémbrao coa maior honra que pode ofrecer: o título de Fillo Adoptivo da Cidade.

O Salón Rexio do Círculo das Artes acollerá un acto emotivo, presidido pola alcaldesa Elena Candia López. A recepción de asistentes comeza ás 17:30 h. O evento incluirá a entrega do diploma acreditativo, e peche con foto de familia e quenda de prensa.

Acompañarán este recoñecemento a viúva de Ónega, Ángela Rodrigo, e os seus tres fillos: Sonsoles e Cristina, ambas xornalistas de recoñecida traxectoria, e Fernando, enxeñeiro especializado en intelixencia artificial. Confírmase ademais a asistencia de galegos doutras provincias, algúns en representación de centros galegos, así como amigos persoais do periodista que quixeron sumarse a este tributo.

O acto é aberto ao público, previa inscrición, co obxecto de xestionar adecuadamente o aforo e asegurar a acollida de todas as persoas que se acheguen ata o Salón Rexio.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...