InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo aproba novos acordos en seguridade, mobilidade e organización...

O Concello de Lugo aproba novos acordos en seguridade, mobilidade e organización de servizos municipais

A iniciativa foi promovida por unha proposta cidadá avalada por máis de 1.000 sinaturas recollidas por Xulio Méndez e contou tamén co apoio do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, da Asociación da Prensa de Lugo e doutras entidades e colectivo

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Corporación aprobou conceder a Fernando Ónega o título de Fillo Adoptivo de Lugo, unha proposta que saíu adiante cos votos favorables dos grupos municipais do PP e do PSOE, mentres que o BNG votou en contra.

 

A iniciativa foi promovida por unha proposta cidadá avalada por máis de 1.000 sinaturas recollidas por Xulio Méndez e contou tamén co apoio do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, da Asociación da Prensa de Lugo e doutras entidades e colectivos. O acto institucional de entrega desta distinción celebrarase o vindeiro 7 de agosto, ás 18.00 horas, no Círculo das Artes.

 

Acordos unánimes para mellorar a seguridade e a mobilidade

 

O Pleno aprobou por unanimidade solicitar ao Ministerio de Transportes unha limpeza integral da Ponte Branca, a reparación dos desperfectos existentes, a posta en marcha dun plan de mantemento periódico e que se informe ao Concello do calendario previsto para executar estas actuacións.

 

Tamén por unanimidade acordouse reclamar ao Goberno de España a eliminación dos pasos a nivel existentes no municipio, unha actuación orientada a mellorar a seguridade e a mobilidade.

 

Regulamento do Comité de Seguridade e Saúde

 

A sesión serviu tamén para aprobar por unanimidade o Regulamento de Funcionamento Interno do Comité de Seguridade e Saúde, unha norma que permitirá ordenar o funcionamento deste órgano, reforzar a seguridade xurídica e dotar ao Concello dun marco de actuación actualizado.

 

Novas ordenanzas municipais

 

Durante o Pleno aprobáronse tamén dúas ordenanzas municipais. A primeira regula a Zona de Baixas Emisións (ZBE) e establece un período dun ano de adaptación para facilitar que veciñanza e visitantes coñezan o seu funcionamento antes da súa plena aplicación.

 

A segunda aproba o regulamento de funcionamento do Auditorio Fuxan os Ventos, dotando esta infraestrutura municipal dunha normativa específica para a súa organización e utilización. Esta proposta saíu adiante cos votos favorables do Goberno local, a abstención do BNG e o voto en contra do PSOE.

 

Pagamento de facturas pendentes

 

O Pleno aprobou tamén afrontar o pago de 542 facturas pendentes, por un importe de 2,7 millóns de euros, relativas a servizos e traballos xa realizados para o Concello, algunhas delas correspondentes ao ano 2023.

 

O expediente saíu adiante cos votos favorables do Goberno local, mentres que os grupos municipais do PSOE e do BNG votaron en contra. As facturas corresponden a servizos encargados durante os últimos anos por socialistas e nacionalistas, malia que nesta sesión plenaria votaron en contra da súa
+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...