InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo reforza a atención ao peregrino cun punto de...

O Concello de Lugo reforza a atención ao peregrino cun punto de información oficial da Vía Künig

A alcaldesa de Lugo explicou que veñen de iniciarse os traballos para modificar o trazado do carril bici da cidade, dando así cumprimento ao compromiso adquirido de revisar unha infraestrutura que, desde a súa implantación, xerou un amplo debate social.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo lidera, xunto aos alcaldes dos municipios lucenses polos que discorre a Vía Künig, a promoción e o apoio aos peregrinos. A oficina de turismo municipal foi habilitada oficialmente como punto de información dedicado a esta histórica ruta xacobea, que conecta León con Lugo, e que cada vez conta con maior recoñecemento.

A inauguración deste novo punto de atención ao peregrino, presidida pola alcaldesa, Elena Candia, acompañada polo concelleiro de turismo e museos de Lugo, Agustín Gallego; o alcalde de As Nogais, Jesús Núñez; o tenente de alcalde de Becerreá, Manuel Martínez; o alcalde de Baralla, Miguel González; o alcalde do Corgo, Felipe Labrada e o director técnico do proxecto, Javier Gómez, quen destacaron a importancia de ofrecer un servizo de calidade e unha acollida personalizada a quen opta por esta alternativa ao Camiño Francés.

O espazo servirá como lugar de consultas e punto de distribución de material especializado. Os peregrinos que se acheguen ata a oficina da Praza do Campo poderán recoller, de balde, recursos oficiais:

▪ Planos detallados do trazado da Vía Künig en Galicia e na provincia de León.

▪ Credenciais para o peregrino.

▪ Trípticos editados en cinco idiomas.

▪ A “Bolsa Naranja”, o emblemático distintivo da ruta Küning.

SEGURIDADE CARRIL BICI

A alcaldesa de Lugo explicou que veñen de iniciarse os traballos para modificar o trazado do carril bici da cidade, dando así cumprimento ao compromiso adquirido de revisar unha infraestrutura que, desde a súa implantación, xerou un amplo debate social.

Elena Candia compartiu na rolda de prensa celebrada esta mañá un informe da Policía Local que identifica 13 puntos con deficiencias de seguridade no carril bici que o anterior goberno construiu en varios barrios da cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...