InicioLugo e contornaLugoCinco debuxos de Castelao no Museo Provincial da obra "Os Vellos Non...

Cinco debuxos de Castelao no Museo Provincial da obra “Os Vellos Non Deben De Namorarse”

A iniciativa, que procura a dinamización da sala monográfica de Castelao, dá comezo a un programa de colaboración entre os dous museos que ten por obxectivo establecer diálogos entre as coleccións dos dous centros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala Castelao do Museo Provincial de Lugo acolle desde hoxe e ata o 31 de decembro cinco obras do Museo de Pontevedra. Trátase de cinco debuxos que corresponden a versión manuscrita definitiva da obra “Os Vellos non deben de namorarse”:

-Lela e o carabinero entre as mulleres.

-A nai, o pai e Pimpinela.

– O mozo e o vello.

– A morte

– Rostro de Pimpinela.

A iniciativa, que procura a dinamización da sala monográfica de Castelao, dá comezo a un programa de colaboración entre os dous museos que ten por obxectivo establecer diálogos entre as coleccións dos dous centros.

Representación de Os vellos non deben de namorarse no Pazo de Tor

A obra de Castelao será protagonista da axenda dos museos por partida dobre esta semana xa que o vindeiro domingo, 12 de xullo, ás 19.00 horas, no marco das celebracións do 20 aniversario da Rede Museística, o Pazo de Tor acollerá a representación de “Os vellos non deben de namorarse”, a cargo da prestixiosa Asociación Cultural e Folclórica Os de Algures.

Esta coidada posta en escena preséntase como un proxecto músico teatral que destaca pola súa fidelidade á visión escénica de Castelao, recuperando o vestiario da obra gráfica do autor reproducido de forma fidedigna a partires dos seus debuxos e pinturas e contando coas indicacións do autor sobre elementos da escenografía, movementos e músicas tradicionais.

A agrupación pontevedresa logra así unha simbiose marabillosa entre a peza dramática e a nosa cultura popular, ofrecendo un espectáculo vibrante que respecta profundamente a esencia, o uso das máscaras e a estética concibidas orixinalmente polo ilustre rianxeiro.

A asistencia é libre e gratuíta até completar a capacidade.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...