InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo defende o pantalán dos Robles para ter un...

O Concello de Lugo defende o pantalán dos Robles para ter un acceso seguro ao Miño

A área de Mobilidade e Obras do Concello de Lugo vén de iniciar a contratación dos traballos de reposición e instalación de varandas en catro puntos da cidade co obxectivo de mellorar a seguridade dos peóns e facilitar a accesibilidade nestes espazos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo continuará realizando todas as xestións necesarias para posibilitar a permanencia do pantalán instalado na contorna dos Robles ata a próxima competición de piragüismo prevista para o mes de outubro.

A instalación desta infraestrutura fíxose en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo, aproveitando a celebración de diferentes competicións deportivas, unha delas a que se celebra precisamente esta fin de semana. O obxectivo era comprobar sobre o terreo se esta solución respondía ás necesidades dos clubs, dos deportistas e tamén da cidadanía, coa intención de que, se demostraba a súa utilidade e a súa permanencia resultaba autorizable, puidese continuar, cando menos, ata a seguinte competición deportiva prevista para o mes de outubro.

Os resultados foron claros. O pantalán demostrou ser unha infraestrutura útil, non só para facilitar a práctica do piragüismo, senón tamén para ofrecer aos lucenses un acceso ao río Miño máis seguro, cómodo e accesible.

Por iso, o Concello apela ao sentido común

A propia Confederación Hidrográfica Miño-Sil autorizou a instalación do pantalán para a celebración das competicións deportivas deste fin de semana e da proba prevista para o mes de outubro. Ademais, a actuación conta cun informe favorable de Patrimonio Natural. Neste contexto, o Concello considera difícil comprender que agora se acorde a retirada da infraestrutura cando a propia Confederación recoñece que é autorizable.

Se a súa permanencia é autorizable e xa quedou demostrado o beneficio que achega á veciñanza, o lóxico é que todas as administracións traballen na mesma dirección para facer posible que permaneza, cando menos, ata a celebración da competición prevista para outubro, permitindo ao mesmo tempo que os lucenses continúen beneficiándose dun acceso seguro ao río.

O Concello xa recorreu a decisión que obriga á retirada do pantalán e manterá todas as xestións necesarias para defender a súa continuidade dentro da legalidade, ao entender que non resulta razoable retirar unha infraestrutura útil para a cidadanía cando é autorizable e cando a súa permanencia beneficiaría tanto á práctica deportiva como ao uso público do río.

Por outra parte, lembrar que a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, confirmou esta semana que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural emitiu un informe técnico favorable sobre a instalación do pantalán tras os estudos realizados, ao entender que non causa afeccións ao patrimonio natural. A maiores, sinalou que, ao tratarse dunha infraestrutura flotante, resulta máis prexudicial retirala agora para volver colocala en outubro que mantela instalada durante ese período.

MOBILIDADE

A área de Mobilidade e Obras do Concello de Lugo vén de iniciar a contratación dos traballos de reposición e instalación de varandas en catro puntos da cidade co obxectivo de mellorar a seguridade dos peóns e facilitar a accesibilidade nestes espazos. As actuacións inclúen a reposición da varanda da Rolda das Fontiñas (99-105) e a instalación de novos elementos de protección na rúa Acea de Olga, nas escaleiras da rúa Rof Carballo e no Carril dos Indios.

O investimento ascende a 30.270 euros, máis IVE, e permitirá dar resposta a necesidades detectadas pola área de Mobilidade e Obras para facer máis seguros e accesibles estes itinerarios de uso cotián. O concelleiro de Mobilidade e Obras, Antonio Ameijide, sinalou que “seguimos atendendo pequenas actuacións que melloran o día a día da veciñanza. Son intervencións sinxelas, pero necesarias, porque contribúen a facer unha cidade máis segura, máis accesible e mellor coidada”.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...