InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo anuncia a construción de oito novos aparcadoiros con...

O Concello de Lugo anuncia a construción de oito novos aparcadoiros con case 300 prazas

O plan foi presentado pola alcaldesa da cidade, Elena Candia, e o concelleiro de mobilidade, Antonio Ameijide, que destacou esta actuación como unha "promesa cumprida" e da que se beneficiarán tres barrios concretos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo anunciou este mércores a próxima construción de oito novos aparcadoiros en zonas estratéxicas da cidade caracterizadas por un elevado movemento de vehículos e que afectará a tres barrios principalmente. En total, estímase que serán unhas 293 prazas, aínda que non se descarta que poidan aumentar unha vez que se redacten os proxectos de construción.

O plan foi presentado pola alcaldesa da cidade, Elena Candia, e o concelleiro de mobilidade, Antonio Ameijide, que destacou esta actuación como unha “promesa cumprida” e da que se beneficiarán tres barrios concretos.

Os novos aparcadoiros situaranse en cálelas Primavera, avenida Vilaverde, rúa Sanxillao e Xosé Castiñeira, para dar servizo á zona de Fontiñas en toda a súa lonxitude. No tres primeiros faranse entre 20 e 30 prazas e no último, situado xunto ao Conservatorio, faranse unhas 70.

O proxecto desenvolverase en cinco parcelas de titularidade municipal e noutro tres de carácter privado, cuxos propietarios xa alcanzaron un preacordo co Concello para a súa incorporación á futura rede de estacionamentos de forma gratuíta.

No caso do barrio de Paradai, construiranse en parcelas situadas nas rúas Río Eo e Lucas Ferro, que tamén acollerán entre 20 e 30 coches cada unha. Finalmente, na unión dos barrios da Milagrosa e A Piringalla está prevista a construción de dous aparcadoiros máis nas rúas Avutarda e Eloi Maquieira. Son precisamente nestas dúas últimas, do mesmo xeito que en Sanxillao, nas que se utilizarán leiras privadas para crear zonas para aliviar o estacionamento privado.

“Alcanzar acordos tamén é unha forma de construír cidade. Grazas ao diálogo cos propietarios poderemos ofrecer un maior número de prazas sen limitarnos exclusivamente ao chan municipal, ampliando así o alcance desta actuación”, destacan desde o Goberno local.

ORZAMENTO

En conxunto, a actuación, que ten un orzamento ao redor de 400.000 euros, permitirá habilitar 164 prazas en chan municipal e outras 129 en terreos privados, alcanzando unha capacidade total de 293 novas prazas de aparcadoiro. Elena Candia avanzou que estas infraestruturas poderían estar en uso no último trimestre do ano.

“Seguimos cumprindo os compromisos adquiridos coa cidadanía. Queremos unha cidade con máis alternativas para estacionar e unha mobilidade mellor organizada”, sinalou a alcaldesa. Pola súa banda, Ameijide destacou o feito de que “en apenas unhas semanas conseguimos sacar adiante este proxecto”. Tamén engadiu que seguirán buscando outras localizacións para novas zonas de estacionamento “porque é unha necesidade que ten a cidade”.

Como primeiro paso para materializar esta rede, a Xunta de Goberno Local aprobará a licitación do contrato para a redacción dos proxectos técnicos do oito aparcadoiros. Esta documentación definirá as características construtivas, o orzamento e as solucións técnicas necesarias para executar as distintas actuacións de forma progresiva. O contrato conta cun orzamento de 17.303 euros, IVE incluído.

Segundo recolle o informe técnico que sustenta o expediente, a futura rede de aparcadoiros ten como obxectivo incrementar a oferta de estacionamento nas zonas periféricas e de transición da cidade, favorecendo desprazamentos máis eficientes, reducindo o tráfico de paso e diminuíndo a circulación derivada da procura de aparcadoiro nas áreas con maior intensidade de tráfico.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...