A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou no acto de peche do proxecto europeo SOCILIBRE (Sociedade Inclusiva e Logística Sustentable en Lugo e Braga), unha iniciativa de cooperación transfronteiriza que permitiu compartir experiencias e coñecer solucións innovadoras para avanzar cara a unha mobilidade urbana máis sostible.
O proxecto nos deixa sobre a mesa tres documentos técnicos:
– – Un estudo de viabilidade para o desenvolvemento dun modelo de reparto de última milla,
– – Unha análise de boas prácticas europeas en loxística urbana de baixas e cero emisións e
– Un modelo de gobernanza
– A alcaldesa matizou que “estes traballos constitúen unha valiosa base de coñecemento para afrontar os retos asociados á implantación das ZBE e para redefinir solucións que permitan compatibilizar os obxectivos ambientais co desenvolvemento económico e coa vida diaria da nosa cidadanía“.
Durante a presentación do acto a alcaldesa reafirmou o compromiso do actual goberno municipal cun modelo de cidade sostible que cumpra cos obxectivos ambientais marcados pola Unión Europea, pero que tamén teña en conta as necesidades da cidadanía, do comercio, da hostalaría e dos sectores produtivos. Elena Candia insistiu en que hai que atopar solucións equilibradas e adaptadas á realidade de Lugo.