O Servizo de Educación que presta o servizo municipal de comedores escolares informa de que o prazo de inscrición para o almorzo e o xantar nos centros educativos comenza o 10 de agosto e estará aberto ata o día 30 do mesmo mes. Éste prazo aplícase a aqueles usuarios fixos que queiran facer uso do servizo desde setembro.
Os que están interesados en dispoñer deste servizo nos meses seguintes, terán que solicitalo antes do día 22 do mes anterior ao que queira comenzar. E no caso de que só se pretenda facer uso dun xeito esporádico, a inscrición será antes das 20:00 horas do día lectivo anterior ó día de uso.
O servizo de xantar préstase nos comedores dos colexios de Albeiros, Anexa, As Mercedes, Illa Verde, Menéndez Pelayo, Luis Pimentel, Paradai, Rosalía de Castro e Sagrado Corazón, así como na escola de educación infantil Fingoi 2. En todos estes centros e no resto de colexios de Educación infantil e primaria ofértase o servizo de madrugadores e madrugadoras.
As piscinas exteriores municipais de Frigsa superaron xa os 4.300 usuarios desde a súa apertura o pasado 15 de xuño, confirmando a boa acollida da decisión do Concello de adiantar o inicio da tempada estival para que os lucenses puidesen desfrutar destas instalacións coincidindo coa chegada das altas temperaturas.
