InicioLugo e contornaLugoDía do Orgullo LGTBI en Lugo con actividades de sensibilización

Día do Orgullo LGTBI en Lugo con actividades de sensibilización

 A programación inclúe unha mesa redonda da asociación Arelas no Vello Cárcere sobre a mocidade trans e a celebración de Lugo Diverso: unha festa para todas as cores

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo desenvolverá nos próximos días unha programación especial con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQA+, que se celebra cada 28 de xuño para reivindicar a igualdade, a diversidade e o respecto aos dereitos das persoas LGTBIQA+.

Entre as actividades previstas destaca a mesa redonda organizada en colaboración coa asociación Arelas, entidade galega de familias de menores e mocidade trans.

Baixo o título “Romper o illamento: espazos seguros e redes para a mocidade trans”, o encontro celebrarase o martes 30 de xuño no Vello Cárcere. A actividade estará moderada por Cristina Palacios Castro, xerente e traballadora social de Arelas, e contará coa participación de expertos e de persoas con experiencia directa nesta realidade, que compartirán reflexións e vivencias sobre os retos que afronta a mocidade trans e a importancia de contar con contornas seguras e redes de apoio.

A programación inclúe tamén actividades culturais e de lecer abertas á cidadanía baixo o lema “Lugo Diverso: unha festa para todas as cores”, co obxectivo de promover unha sociedade máis inclusiva, respectuosa e aberta á diversidade.

Programación

Venres, 26 de xuño

19.00 horas | Concerto de música en directo no templete da Praza Maior.

Sábado, 27 de xuño

22.30 horas | Lugo Diverso: unha festa para todas as cores, na Praza Bispo Basulto.

Sesión DJ ata a 1.30 horas.

Actividade de facepainting.

Martes, 30 de xuño

19.30 horas: Mesa redonda “Romper o illamento: espazos seguros e redes para a mocidade trans”, a cargo da asociación Arelas, no Vello Cárcere.


 

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...