InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo realizará actuacións en campos de fútbol onde se...

O Concello de Lugo realizará actuacións en campos de fútbol onde se detectaron incidencias

O Concello lembra que toda obra ou actuación de mantemento pode estar suxeita á aparición de incidencias ou retrasos imprevistos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo levará a cabo nas próximas semanas diversas actuacións nos campos de fútbol municipais Luis López Gorgoso e A Cheda co obxectivo de corrixir os desprazamentos das liñas de marcaxe e outras incidencias detectadas nas superficies de xogo, que dificultan a práctica deportiva e afectan ao normal desenvolvemento da actividade dos clubs usuarios destas instalacións.

No campo Luis López Gorgoso realizaranse traballos de aliñamento das liñas de marcaxe desprazadas mediante medios mecánicos, así como o recorte dos excesos de céspede que puidesen producirse. Ademais, procederase á fixación das liñas de marcaxe sobre a base elástica existente, ao achegue de recheos e a un cepillado integral da superficie.

Pola súa banda, no campo da A Cheda, ademais destas mesmas actuacións, substituiranse diversas zonas de céspede artificial deterioradas, realizaranse reparacións e repasos en distintos puntos da instalación e colocarase novo céspede nas áreas onde se produciu unha maior apertura das xuntas.

Estas actuacións son froito do acordo acadado entre a Concellería de Deportes e as empresas Mondo Ibérica e Calfensa para afrontar de maneira inmediata as incidencias detectadas en ambos os dous campos.

O obxectivo é que ambas instalacións estean plenamente dispoñibles para o inicio da pretempada das distintas entidades deportivas que desenvolven a súa actividade nestes espazos.

Así mesmo, o Concello lembra que toda obra ou actuación de mantemento pode estar suxeita á aparición de incidencias ou retrasos imprevistos. Por este motivo, xa se está a traballar en solucións alternativas que permitan minimizar o impacto de calquera eventualidade e garantir que os clubs dispoñan das mellores condicións posibles para continuar coa súa actividade.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...