InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo promoverá a creación dunha unidade municipal de atención...

O Concello de Lugo promoverá a creación dunha unidade municipal de atención temperá

A alcaldesa trasladou ás familias da Plataforma En Loita a súa intención de impulsar este servizo e avanzar tamén nun proxecto de atención postemperá para dar continuidade ao apoio máis aló dos 6 anos

PUBLICADA O

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, trasladou ás familias da Plataforma En Loita que o Concello de Lugo solicitará á Xunta de Galicia a creación dunha unidade municipal de atención temperá, un servizo orientado á prevención, detección precoz e atención aos nenos e nenas que presentan dificultades no seu desenvolvemento durante os primeiros anos de vida.
A rexedora explicou que esta iniciativa responde á vontade do Goberno local de reforzar os recursos de apoio ás familias e aproveitar as convocatorias que periodicamente promove a Xunta de Galicia para impulsar este tipo de servizos nos concellos.
“Considero fundamental avanzar na prevención, na detección precoz e na atención aos nenos e nenas que precisan apoio no seu desenvolvemento. Actuar a tempo é clave para mellorar a súa calidade de vida e ofrecer ás familias os recursos que necesitan”, sinalou Candia.
Durante o encontro, a alcaldesa destacou tamén a necesidade de ampliar a mirada sobre estas necesidades e dar continuidade ao acompañamento que reciben os menores e as súas familias unha vez superada a etapa da atención temperá.
Neste sentido, anunciou a intención do Concello de traballar nun proxecto de atención posttemperá que permita ofrecer apoio, terapias, rehabilitación e acompañamento máis aló dos 6 anos.
“As necesidades das familias non rematan cando finaliza a atención temperá. Moitos nenos e nenas seguen precisando apoio en distintas etapas da súa vida e debemos ser capaces de ofrecer respostas adaptadas a esa realidade”, indicou.
Candia defendeu a necesidade de avanzar cara a un modelo de atención máis completo, próximo e coordinado, que sitúe ás persoas e ás súas necesidades no centro das políticas públicas.
A alcaldesa agradeceu ás familias de En Loita o seu compromiso e o traballo que realizan para visibilizar as necesidades dos menores e trasladou a disposición do Concello para seguir colaborando con elas na procura de solucións que melloren a súa calidade de vida e a dos seus fillos e fillas.
+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...