InicioLugo e contornaLugoO anterior goberno de Lugo vulnerou dereitos laborais asegura Candia no Comité...

O anterior goberno de Lugo vulnerou dereitos laborais asegura Candia no Comité de Seguridade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, deu conta hoxe no Comité de Seguridade e Saúde da sentenza xudicial da sección do social do Tribunal de instancia que declara a vulneración do dereito fundamental á integridade física e á saúde dun traballador do Parque de Bombeiros e que condena ao Concello a adoptar medidas correctoras en materia de prevención de riscos laborais e a pagar 7.500 € en concepto de indemnización de danos morais ao afectado.

A alcaldesa Elena Candia calificou a resolución de “especialmente grave” ao constatar que os incumprimentos advertidos pola Inspección de Traballo non foron corrixidos polo anterior goberno municipal pese aos requirimentos realizados.

“Cando asumimos a responsabilidade de gobernar Lugo dixemos que non viñamos a perder tempo mirando cara atrás, senón que víñamos a traballar para resolver os problemas dos lucenses, pero o que estamos a descubrir é moito máis grave do que pensabamos atopámonos con situacións que afectan directamente á seguridade dos traballadores municipais que nin se atenderon, nin se corixiron”, sinalou.

Desde a alcaldía de Lugo, sinalan que non están a falar dunha discrepancia política nin dunha valoración do actual goberno senón dunha sentenza que apuntaba deficiencias en cuestións tan relevantes como a integración da prevención de riscos laborais, a planificación da actividade preventiva, a designación de recursos preventivos ou a elaboración de procedementos de traballo esixidos pola Inspección de Traballo. Ademais, condena ao Concello a adoptar medidas correctoras nun prazo máximo de 30 días.

Durante a xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde tamén se abordaron outras cuestións pendentes relacionadas coa seguridade e saúde laboral dos empregados municipais. Hai que lembrar que este órgano non se convocaba desde outubro de 2025, o que contribuíu a acumular asuntos de relevancia que requiren unha atención inmediata.

68.000 € por unha caída no casco histórico

A alcaldesa enmarcou esta resolución nun contexto máis amplo de problemas herdados que están a aflorar nas últimas semanas e lembrou que o Concello tamén recibiu outra sentenza que obriga ao pagamento dunha indemnización de máis de 68.000 euros derivada dunha caída na vía pública. “Intentaron minimizar este tipo de sucesos de forma reiterada, en alusión ás respostas dadas polo anterior goberno en pleno nas que concluían que só houbera 40 caídas nas zonas onde se fixeron as obras de peonalizacións e que as denuncias dos cidadáns eran poucas”.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...