InicioLugo e contornaLugoCandia compromete solucións para os pavimentos da ZBE

Candia compromete solucións para os pavimentos da ZBE

A actuación consiste na reposición do firme, trátase dunha zona pola que apenas a van circular vehículos, pero que sufriu danos tras soportar durante meses desvíos de tráfico derivados das obras vinculadas á Zona de Baixas Emisións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Antonio Ameijide, comprobaron hoxe o inicio das obras de reposición do pavimento na rúa San Marcos, nun tramo peonil que presentaba un importante deterioro.

A actuación consiste na reposición do firme, trátase dunha zona pola que apenas a van circular vehículos, pero que sufriu danos tras soportar durante meses desvíos de tráfico derivados das obras vinculadas á Zona de Baixas Emisións.

Durante a visita, a alcaldesa explicou que o Goberno local está estudando solucións técnicas máis resistentes para aplicar nas zonas do casco histórico nas que haberá máis paso de vehículos e accesos de carga e descarga co obxectivo de aplicar alternativas máis duradeiras, seguras e adaptadas ao uso diario destes espazos.

Candia lembrou o compromiso do Executivo municipal de avanzar en melloras que permitan reforzar a durabilidade dos pavimentos da ZBE e evitar os problemas de deterioro rexistrados nos últimos anos en distintos puntos da cidade.

No marco do funcionamento ordinario dos servizos municipais, hoxe formalizouse a proposta de adxudicación da obra de reforzo de firmes na glorieta da Avenida Benigno Rivera coa Avenida Infanta Elena. A actuación foi adxudicada á empresa CANARGA S.L. por un importe total de 123.450 euros, IVE incluído.

Asemesmo, asinouse a proposta de adxudicación do servizo de vixilancia e seguridade do Arde Lucus 2026 á empresa SEYVI SEGURIDAD, por un importe total de 44.452,98 euros, IVE incluído.

+ posts

ÚLTIMAS

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Declaración negativa para o parque eólico ‘Navallos’, entre Castroverde e Baralla, por efecto sobre avifauna

A Xunta formulou declaración de impacto ambiental desfavorable ao proxecto de parque eólico 'Navallos',...

Elena Candia: “Imos ter unha grande edición do Arde Lucus, a pesar da oposición”

A cidade de Lugo volverá transformarse na antiga Lucus Augusti do 18 ao 21...

Polémica no Consello Escolar de Lugo: Erguer denuncia a “expulsión” do seu voceiro e o Concello sinala repetidas “interrupcións”

O primeiro Consello Escolar Municipal co novo concelleiro de Educación de Lugo, Javier Vázquez,...