InicioLugo e contornaLugoCandia unificará as dúas brigadas municipais de reparación viaria

Candia unificará as dúas brigadas municipais de reparación viaria

"Eliminamos estruturas separadas do bipartito para evitar duplicidades, mellorar a coordinación e conseguir que os servizos municipais funcionen dunha maneira máis eficaz e útil para os veciños", explicou Elena Candia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Mobilidade e Obras, Antonio Ameijide, visitaron esta mañá ás brigadas municipais de obras,  sinalización viaria, eléctricos,  parques e xardíns, parque móbil e zona rural ubicadas en Frigsa, co obxectivo de coñecer o funcionamento do servizo e avanzar nunha reorganización que permita mellorar a coordinación dos traballos de mantemento na vía pública.

 O goberno local unificará as dúas brigadas municipais de reparación viaria existentes ata o momento (unha delas dependía da anterior alcaldía do PSOE e a outra de obras do BNG) nun único servizo coordinado, co propósito de gañar en eficacia, optimizar recursos e ofrecer unha resposta máis rápida ás incidencias na cidade.

 A reorganización permitirá coordinar baixo unha mesma dirección os traballos relacionados con baches, beirarrúas, sinalización, pequenas reparacións e actuacións. “Eliminamos estruturas separadas do bipartito para evitar duplicidades, mellorar a coordinación e conseguir que os servizos municipais funcionen dunha maneira máis eficaz e útil para os veciños”, explicou Elena Candia.

A alcaldesa destacou que o obxectivo é, mellorar a planificación dos traballos e reducir os tempos de resposta ante incidencias que afectan ao día a día da veciñanza.

CANDIA ASISTE A UNHA PRÁCTICA DE RESCATE ACUÁTICO

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, achegouse esta mañá ás inmediacións da Escola de Piragüismo para asistir a unha práctica de rescate acuático desenvolvida no río Miño na que participaron unha vintena de alumnos do ciclo medio de Emerxencias e Protección Civil do CIFP As Mercedes, formación que se imparte nas instalacións do CEI Nodus, dependentes do Concello de Lugo.

 Na actividade participaron tamén efectivos do Servizo Municipal de Bombeiros, que colaboran habitualmente na formación práctica deste ciclo, coordinando os exercicios e achegando ao alumnado experiencia directa en intervencións de emerxencia.

 Durante a práctica, os alumnos do ciclo de Aeromecánica encargáronse da gravación das manobras mediante o uso de drons, incorporando así ferramentas tecnolóxicas aplicadas á xestión de emerxencias.

 A alcaldesa estivo acompañada polo director do CIFP As Mercedes, Joaquín Expósito López e o xefe de bombeiros, Juan Coto, que puxeron en valor “a importancia dunha formación práctica e coordinada entre administracións e profesionais para preparar aos futuros efectivos de emerxencias e protección civil”.

+ posts

ÚLTIMAS

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Declaración negativa para o parque eólico ‘Navallos’, entre Castroverde e Baralla, por efecto sobre avifauna

A Xunta formulou declaración de impacto ambiental desfavorable ao proxecto de parque eólico 'Navallos',...

Elena Candia: “Imos ter unha grande edición do Arde Lucus, a pesar da oposición”

A cidade de Lugo volverá transformarse na antiga Lucus Augusti do 18 ao 21...

Polémica no Consello Escolar de Lugo: Erguer denuncia a “expulsión” do seu voceiro e o Concello sinala repetidas “interrupcións”

O primeiro Consello Escolar Municipal co novo concelleiro de Educación de Lugo, Javier Vázquez,...