InicioLugo e contornaLugoCarmela López e Miguel Fernández supervisan os traballos na Rúa Filarmónica Lucense

Carmela López e Miguel Fernández supervisan os traballos na Rúa Filarmónica Lucense

As obras afectan a un treito de 540 metros e consisten na repavimentación con aglomerado en quente, o repintado da vía mediante marcas reflexivas brancas e a reposición da sinalización vertical necesaria

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Presidenta da Deputación, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel Fernández, supervisaron este luns os traballos que se están levando a cabo para rehabilitar a rúa Filarmónica Lucense. Unhas obras moi necesarias para o municipio, xa que a vía -de titularidade provincial- dá acceso a múltiples instalacións deportivas e á zona sur do Campus, polo que soporta moito tráfico diario. A Deputación inviste nestes traballos preto de 100.000€.

Carmela López destacou que se trata dunha actuación baseada na “política dos feitos”, sinalando que este tipo de intervencións responden a “un compromiso con Lugo e o conxunto da provincia”. Explicou a Presidenta que os traballos previstos inclúen “non só a mellora do firme, senón tamén a elevación dos pasos de peóns, co obxectivo de reforzar a accesibilidade e incrementar a seguridade viaria nesta zona”.

A mandataria provincial puxo en valor a coordinación entre administracións e o traballo conxunto co Concello de Lugo, sinalando que este tipo de actuacións “son froito do compromiso compartido para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e avanzar no modelo sostible e moderno que iniciou un Goberno progresista”

Pola súa banda, Miguel Fernández agradeceu á Presidenta a boa sintonía e a resposta inmediata tras trasladarlle a necesidade de mellorar a rúa Filarmónica, unha vía que presenta deterioros no firme derivados do paso do tempo e das inclemencias do inverno. “Trátase dunha arteria con elevada afluencia de peóns, especialmente de seguidores do Ensino e do Breogán procedentes tanto da cidade como do conxunto da provincia”.

Fernández Méndez puxo en valor que esta actuación “é unha mostra da importancia da colaboración institucional para acadar resultados efectivos e visibles”, e referiuse a outras intervencións en marcha na cidade que “reflicten o ritmo de execución dos principais proxectos de transformación urbana impulsados polo Goberno local”.

Así mesmo, fixo alusión o rexedor lucense a que estes avances contrastan cos discursos que apuntan os impulsores da moción de censura en Lugo cunha suposta parálise da cidade, sinalando que “a realidade amosa unha cidade con proxectos en execución e con melloras continuadas nas súas infraestruturas”.

As obras, que comezaron a semana pasada e está a executar Ovisa Pavimentos y Obras SLU, afectan a un treito de 540 metros e consisten na repavimentación con aglomerado en quente, o repintado da vía mediante marcas reflexivas brancas e a reposición da sinalización vertical necesaria. Ademais, tamén se vai repintar a zona de aparcamento, ao carón do Pazo dos Deportes, e instalaranse pasos de peóns elevados.

Outros investimentos en Lugo

A Presidenta lembrou o compromiso da institución provincial coa capital da provincia. Destacou investimentos recentes como o desdobramento da Avenida Infanta Elena, nque contou con 2,4M€de fondos provinciais; a rehabilitación da estrada que conecta o municipio lucense con Ponte de Ombreiro, a LU-P-2902, con máis de 210.000€; ou o proxecto para acometer a renovación integral da Avenida Adolfo Suárez, un dos principais accesos á capital lucense pola zona da Fervedoira, e onde a institución provincial investe máis de 170.000€.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...