O Concello de Lugo reclama á Xunta “un reforzo urxente” das actuacións de control da poboación de xabarís e de vespa velutina, ante “o incremento dos incidentes no municipio e a falta de medidas efectivas por parte do Goberno autonómico”.
“O descoido sobre este problema ten consecuencias directas na nosa economía, na nosa imaxe e, por encima de todo, na nosa seguridade”, afirmou a portavoz municipal, Ana González Abelleira, que lembrou que se trata dunha competencia autonómica.
A edil lembrou que xa en novembro de 2025 o Concello solicitou formalmente a adopción de medidas para facer fronte a esta problemática “sen que, ata o momento, fíxose absolutamente nada, como demostra a presenza dun xabaril campando estes días libremente polo centro histórico”, dixo.
A portavoz incidiu, ademais, en que o momento actual do ano resulta clave para actuar noutra das “grandes ameazas ambientais do municipio”: a vespa velutina. “Estamos nunha época idónea para a detección e control dos novos niños, e non se pode perder esta oportunidade por falta de planificación”, replicou.
A representante municipal denunciou tamén a situación do sector forestal, que está a sufrir un incremento notable das pragas que afectan a especies como o fresno, o carballo ou o piñeiro, cun impacto directo sobre a economía e o medio natural do municipio.
