InicioSucesosDetido un home en Lugo que causou danos na caixa rexistradora nun...

Detido un home en Lugo que causou danos na caixa rexistradora nun establecemento

Efectivos do 092 tiveron que intervir na rúa Milagrosa por unha suposta pelexa entre tres persoas diante dun establecemento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home por unha tentativa de roubo nun establecemento da rúa San Roque, de onde tratou de levar tres queixos e causou danos na causa rexistradora.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron sobre as 4.50 horas do sábado, cando unha dotación se trasladou a un local da rúa San Roque, onde estaban a reter a un home que tentara roubar.

Os policías comprobaron que o sospeitoso, aproveitando que o empregado estaba ao fondo do local colocando mercadoría, ocultouse e tratou de abrir a caixa rexistradora de moedas coa chave. Logo tentouno coa caixa de billetes, causando danos na chave e na fechadura.

Cando o cachearon, os axentes comprobaron que levaba ocultos entre as súas roupas tres queixos do propio establecemento, polo que procederon á súa detención.

ALTERCADO NA VÍA PÚBLICA

Por outra banda, tamén o pasado sábado, efectivos do 092 tiveron que intervir na rúa Milagrosa por unha suposta pelexa entre tres persoas diante dun establecemento.

Ao chegar, os axentes localizaron a un home que presentaba feridas en ambas as mans e que relatou que fora expulsado do local e, como se deixou no interior unha riñonera con mil euros, tentara entrar de novo golpeando a porta e causándose esas lesións nas mans.

A titular do establecemento explicou que o botou polo seu comportamento con ela e co resto dos clientes. A Policía entrevistouse con ambos e con outras testemuñas, e ata o lugar desprazouse unha ambulancia, pero o home ferido rexeitou a asistencia.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...