InicioLugo e contornaLugoO PP local de Lugo denuncia o abandono da rotura do colector...

O PP local de Lugo denuncia o abandono da rotura do colector que verter augas fecais ao río Rato

O PP presentará un rogo a pleno para que se solucione de forma urxente esta situación xa que “non se pode mirar para outro lado ante un vertido fecal a un río e ante un risco evidente para vehículos e persoas"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Popular únese á reivindicación da veciñanza de Camiño Romai e Casas Vellas que acredita o abandono, a falta de xestión e o falso respecto polo medio ambiente do goberno local de Lugo.

No cruce de Casas Vellas, Ponte Romai e rúa da Soidade, reventou un colector hai máis de medio ano. Desde entón prodúcese un vertido continuo de augas fecais ao río Rato. Unha situación inaceptable desde o punto de vista medioambiental.

Pero ademais hai un problema engadido de seguridade. No lugar existe un socavón coa rúa agretada que podería ceder en calquera momento e colapsar a vía neste tramo. Falamos dunha rúa con tráfico habitual, utilizada como acceso ao polígono do Ceao desde Ponte Romai.

Os veciños presentaron senllos escritos no Concello e na Confederación Hidrográfica do Norte advertindo da situación. A única resposta do goberno local foi colocar unhas vallas que son insuficientes para garantir a seguridade.

O PP presentará un rogo a pleno para que se solucione de forma urxente esta situación xa que “non se pode mirar para outro lado ante un vertido fecal a un río e ante un risco evidente para vehículos e persoas. Esiximos unha actuación inmediata para reparar o colector, eliminar o vertido e asegurar a vía”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...