InicioEconomíaA Deputación colabora na xornada de Africor sobre sector lácteno que se...

A Deputación colabora na xornada de Africor sobre sector lácteno que se celebra en Veterinaria

O Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro Díaz, sinalou que as administracións públicas “temos a responsabilidade de crear as condicións necesarias para que este sector poida desenvolver todo o seu potencial”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro Díaz, participou este mércores na xornada de Africor Lugo-Vaca Pinta, unha das citas anuais clave para o sector lácteo que se desenvolve durante todo o día de hoxe na Facultade de Veterinaria. Unha cita á que a Deputación de Lugo achega 3.000€ no marco do seu compromiso co sector primario.

Castro Díaz destacou que “o sector primario lucense é un exemplo de equilibrio entre tradición e innovación. Mantén vivas as raíces e o saber facer transmitido, pero ó mesmo tempo aposta decididamente pola modernización e a profesionalización”. Sinalou que as administracións públicas “temos a responsabilidade de crear as condicións necesarias para que este sector poida desenvolver todo o seu potencial” e nese sentido destacou o compromiso da Deputación, que se traduce en espazos como a Granxa Gayoso Castro, “que simboliza a nosa aposta pola innovación e a transferencia de coñecemento”.

Manuel Sandamil, presidente de Africor Lugo, agradeceu a presencia do Deputado provincial, que participou na entrega de premios aos mellores Traballos de Fin de Grao (TFG) sobre vacún.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...