InicioLugo e contornaLugoO PP municipal de Lugo consegue catro "acordos" no pleno municipal de...

O PP municipal de Lugo consegue catro “acordos” no pleno municipal de febreiro

Os 'populares' denuncian que Lugo “non pode permitirse un alcalde sen liderado”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal do PP no Concello de Lugo, anunciou nun comunicado que os seus 12 concelleiros volveron “demostrar que cando hai propostas serias e útiles para Lugo somos capaces de sumar apoios e convertelas en acordos”.

Os ‘populares’ denuncian que Lugo “non pode permitirse un alcalde sen liderado”. Declaran que a cidade precisa un “impulso real para afrontar os seus problemas, porque cando hai iniciativa, traballo e capacidade para sumar, os acordos chegan”.

O PP municipal lugués sinala que con 13 votos puideron “ampliar a intervención do acceso pola Fervedoira ata a Ronda Norte”. Aseguran que “despois de tantos anos de espera, Lugo non pode conformarse con 200.000 euros para repoñer o firme”.

Tamén atribúen aos seus votos a creación dun aparcadoiro no Parque de Enerxías Alternativas, no Ceao. Sobre este espazo, o PP denuncia que “o PSOE despilfarrou un millón de euros. No pleno dixeron que tiñan un proxecto executivo; agora recoñecen que só hai un estudo de alternativas. É dicir, pasaron de dicir que estaba listo a admitir que aínda están estudando que facer”.

Ademais disto, tamén votaron na retirada do recurso que bloqueaba o Plan de axilización de Dependencia da Xunta (12 votos a favor do PP, 8 en contra do PSOE e 5 abstencións do BNG). Tamén se tivo un voto de unanimidade da corporación para mellorar a estrutura, o persoal e a seguridade dos Bombeiros. “Un servizo esencial que necesita reforzo e planificación”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...