InicioLugo e contornaLugoO PP municipal de Lugo reclama que o Concello mostre o "impacto...

O PP municipal de Lugo reclama que o Concello mostre o “impacto real” do novo modelo de mobilidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do PP local de Lugo, Ramón Carballo, manifestou que “os lucenses teñen que saber que o goberno local aprobou construír 35 quilómetros máis de carril bici en zonas tan importantes como Ramón Ferreiro e Fontiñas, dentro dun modelo de mobilidade que xa demostrou o seu fracaso”.

 

Carballo sinalou que “lonxe de corrixir os erros dun trazado de carril bici que apenas ten uso, que eliminou prazas de aparcamento ocasionando dificultades á veciñanz e prexuízos para o comercio local, agora volven no PMUS a  apostar por facer máis do mesmo”. Neste sentido, advertiu de que a ampliación do carril bici e a aplicación do novo Plan de Mobilidade terá un impacto directo en distintos barrios da cidade, polo que considera fundamental que os cidadáns coñezan con detalle as consecuencias destas decisións.

Estas foron algunhas das reflexións realizadas onte no transcurso dunha reunión con colaboradores, na que tamén participou a voceira do Grupo Popular Elena Candia e na que se lles presentou o calendario de encontros informativos que desenvolverá o Grupo Municipal co obxectivo de explicar os cambios e o impacto que suporá a aplicación deste plan de mobilidade en diferentes zonas da cidade.

A primeira destas reunións terá lugar o xoves ás 20.30 horas no hotel Mercure, onde se informará especificamente do impacto do PMUS en Ramón Ferreiro; Alfonso X o Sabio, Armórica, Avda. de Madrid, Avda.de Magoi, Estrada da Granxa, Illa de Man, Marina Española, Ramón Ferreiro e Xosé Castiñeira

O presidente local agradeceu “o traballo rigoroso e intenso do Grupo Municipal” e puxo o partido a disposición dos lucenses para axudar a dar a coñecer o modelo de cidade que acaban de aprobar PSOE e BNG, “porque é fundamental que a información sexa transparente e que os veciños poidan expresar a súa opinión”.

“O noso compromiso é estar ao lado dos lucenses, escoitar as súas preocupacións e defender un modelo de cidade que realmente mellore a mobilidade sen prexudicar barrios nin actividade económica”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación de Lugo subliña que a igualdade “ten que ser o eixo” que marque calquera decisión

A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, subliñou este...

A Deputación de Lugo adxudica por 300.000 euros obras en Adolfo Suárez e na estrada de Pantón

A Deputación de Lugo deu luz verde a dúas novas actuacións na rede viaria...

Deputación inviste case 300.000 euros para proxectos viarios en Lugo e Pantón

A Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación de dous proxectos para continuar...

O Concello de Lugo lamenta que a Xunta non lles transmita información sobre o Plan Director da Muralla

O Concello de Lugo solicitou oficialmente á Xunta de Galicia a entrega do Plan...