InicioSucesosDetido un home por presuntas ameazas de morte contra a súa muller

Detido un home por presuntas ameazas de morte contra a súa muller

Segundo informou a Policía Local de Lugo a través dunha nota de prensa, efectivos desprazáronse até o edificio onde vivía a parella durante a madrugada deste venres

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo por violencia de xénero a un home no seu domicilio, no que se estaba producindo unha forte discusión entre a parella. En base á información trasladada polos veciños, estes temían pola integrade da muller, xa que o home ameazáraa de morte.

Segundo informou a Policía a través dunha nota de prensa, efectivos desprazáronse ata o edificio en cuestión durante a madrugada deste venres. Ao chegar, a patrulla escoitou de inmediato berros e como alguén rompía mobles no interior.

Tras negarse a abrir a porta nun primeiro momento, o home recibiu aos axentes e estes accederon ao interior do inmoble. Xa dentro, falaron coa muller, a cal se negou a informar do ocorrido aos policías, que observaron desfeitos froito da pelexa.

Entón, os axentes solicitaron información aos veciños, que manifestaron que o home ameazara de morte á muller e que as discusións e pelexas eran habituais. En consecuencia, a Policía procedeu á detención do home e foi trasladado a dependencias policiais, na que se instruíron dilixencias para o xulgado correspondente.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...