InicioSucesosDetido un condutor bébedo que agrediu a tres axentes en Lugo

Detido un condutor bébedo que agrediu a tres axentes en Lugo

A patrulla que interceptou ao infractor, un veciño da Pastoriza que conducía de xeito temerario polas rúas de Lugo, tivo que pedir reforzos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 33 anos, veciño da Pastoriza, foi detido na madrugada do sábado por conducir de xeito temerario e baixo os efectos do alcol polas rúas de Lugo. Segundo informou o consistorio local, o detido chegou a agredir a tres axentes de Policía, que resultaron feridos de diversa consideración.

O individuo foi interceptado cando conducía de xeito temeraria por varias rúas da capital provincial. Nese momento, a patrulla da Policía que deu alto ao condutor solicitou reforzos, pois este mantiña unha actitude “agresiva e ameazante”.

Persoadas no lugar outras dúas patrullas, o infractor foi sometido á proba de alcolemia, na que arroxou un resultado positivo de 1,06 miligramos por litro. A continuación, os axentes comunicáronlle que debía acompañalos á comisaría para instruír as dilixencias pertinentes por un delito contra a seguridade vial; intre no que o individuo, como consta no relato policial, reanudou o seu comportamento agresivo e comezou a “lanzar patadas e golpes” cara aos policías.

Logo de ser reducido polas forzas da orde, este veciño da Pastoriza foi trasladado ao Punto de Atención Continuada de Fingoi, onde rexeitou realizar as probas pertinentes, así como o tratamento pautado polo médico de garda. De camiño a comisaría, o interfecto golpeou coa cabeza a pantalla de seguridade do coche patrulla.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...