InicioEconomíaO BNG propón que traballar no casco histórico facilite vivir na Tinería

O BNG propón que traballar no casco histórico facilite vivir na Tinería

Os nacionalistas proporán no Parlamento que a Xunta puntúe favorablemente a quen traballe no casco histórico e solicite alugar as vivendas públicas da Tinería

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Promover que as persoas que traballan no barrio, vivan no barrio”. Así sintetizou Rubén Arroxo, candidato á alcaldía de Lugo, a proposta que o Bloque Nacionalista Galego levará ao Parlamento de Galicia. En compañía da parlamentaria Olalla Rodil, o alcaldable nacionalista anunciou que se proporá á Xunta de Galicia dar facilidades a quen traballa no casco histórico para acceder á vivenda pública na Tinería.

“No noso modelo de cidade está manter os barrios vivos, e o caso da Tinería é un claro exemplo onde a administración ten as ferramentas para potenciar a vida no barrio se implementa as medidas necesarias”. Arroxo refírese ao aluguer das vivendas propiedade do goberno galego, que xestiona o Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Dende o BNG explican que hai persoas que emprenden e non acadan a puntuación necesaria para acceder ao aluguer destas vivendas. Por iso, a iniciativa parlamentar procura que os propietarios de negocios no centro da cidade e traballen neles poidan obter mellor puntuación para acceder á vivenda pública.     

“Se queremos que o barrio se manteña vivo, e contribuír a que funcionen as iniciativas de actividade económica, hai que dar as máximas facilidades” dixo Arroxo. “É evidente que debe existir un baremo para a adxudicación e entendemos que o establecido na actualidade é correcto, pero entendemos que tamén hai que valorar ás persoas que traballen no entorno do centro da cidade e no propio barrio da Tinería”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...