InicioEconomíaEste sábado pecha a inscrición do programa emprendedor Inicia Coworking

Este sábado pecha a inscrición do programa emprendedor Inicia Coworking

Inicia Coworking ofrece acompañamento especializado, individual e gratuíto para proxectos de carácter innovador, e poden participar 22 persoas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un espazo común para aumentar as súas capacidades, cinco meses con programas de formación especializados e a compañía de mentores para que os proxectos muden en realidades. Esta é a carta de presentación do Inicia Coworking, que este sábado 15 de decembro pecha a inscrición da nova edición.

Impulsada polo Concello e a Escola de Organización Industrial (EOI) no CEI Nodus e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, a cuarta e última edición desta iniciativa ofrece acompañamento especializado de xeito individual e gratuíto, para a posta en marcha ou consolidación de proxectos de carácter emprendedor e innovador. Poderán participar 22 persoas nesta cuarta xeira. 

Entre as tres edicións pasadas, o Inicia Coworking permitiu o lanzamento de 58 empresas baseadas en conceptos innovadores. O setenta por cento están xa en marcha e facturando, sendo máis da metade froito do liderado de mulleres.

As persoas interesadas poden sumarse a través da páxina web municipal, www.lugo.gal, ou nesta ligazón, onde se pode atopar máis información sobre esta iniciativa. Esta fase desenvolverase entre xaneiro e xuño do vindeiro ano no CEI Nodus, en Garabolos. Entre todas as inscricións realizarase unha selección de participantes na nova edición do Inicia Coworking.

Máis información no teléfono 982-29-74-72 ou en cwlugo@eoi.es.

A nova xeración de emprendedores despega no CEI Nodus

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...