InicioLugo e contornaLugoA alcaldesa de Lugo pide a conversión do corredor Nadela-A Pobra de...

A alcaldesa de Lugo pide a conversión do corredor Nadela-A Pobra de San Xiao en autovía

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, sinalou que "é necesario impulsar os proxectos que ambas as administracións temos en común e que repercuten sobre a calidade de vida dos lucenses e que son fundamentais para o desenvolvemento da nosa cidade"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou este mércores no acto organizado polo Goberno autonómico con motivo da saída a información pública do proxecto do trazado do tramo Nadela-A Pobra de San Xiao, onde aproveitou o encontro co presidente galego, Alfonso Rueda, para reclamar que se axilice a conversión completa do corredor en autovía e urxir un encontro entre ambos.

“Aproveitei esta oportunidade para insistir ao presidente Rueda sobre a necesidade de axilizar o máximo posible a materialización deste proxecto. Calquera anuncio que implique un avance na mellora das comunicacións da nosa cidade, por pequeno que sexa, é unha boa noticia, pero esta vía estratéxica non pode demorarse máis”, avisou.

“A conversión completa deste corredor en autovía acumula máis dunha década de atraso e isto implica un agravio comparativo para a nosa cidadanía e para o noso tecido produtivo”, proseguiu a rexedora.

Así mesmo, tras mostrar Rueda a semana pasada a súa disposición para reunirse co rexedor vigués, Abel Caballero, con quen non se viu na anterior rolda de alcaldes, e con ela, tras relevar a Lara Méndez, se así o desexaba, a rexedora lucense pediu ao Executivo autonómico a pechar data para este encontro.

“Recollín a luva lanzada polo presidente hai uns días e aproveitei a ocasión para solicitarlle unha reunión para tratar temas de interese para Lugo. É necesario impulsar os proxectos que ambas as administracións temos en común e que repercuten sobre a calidade de vida dos lucenses e que son fundamentais para o desenvolvemento da nosa cidade”, esgrimiu.

PSOE DE LUGO: “MÁS TRABALLO E MENOS FOTOS”

Pola súa banda, a secretaria de Organización provincial do PSdeG en Lugo, Pilar García Porto, reclamou a Rueda “máis traballo e menos fotos electoralistas” para “avanzar dunha vez por todas” coas obras de desdobramento do corredor Nadela-Monforte. “É o que necesitamos os veciños e veciñas da provincia”, aseverou.

García Porto incidiu nos anuncios de Rueda “con bombo e prato” no Páramo, en relación á saída a información pública dun tramo desta infraestrutura na que “levan anos e anos de atrasos”. Ao seu modo de ver, isto “non é precisamente para sacar peito, senón que debería darlles vergoña”.

“É urxente que se poñan a traballar para completar esta importante arteria de comunicación por estrada dunha maneira seria e rigorosa e que se deixen de enganar aos veciños, porque o máis probable é que non vexamos inaugurado este tramo de 16 quilómetros ata, polo menos, o ano 2026″, advertiu.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...