InicioEconomíaLugo Monumental reitera a disposición para xestionar a desfasada web da Praza...

Lugo Monumental reitera a disposición para xestionar a desfasada web da Praza de Abastos

A asociación empresarial do casco histórico de Lugo ofrécese novamente para atender un servizo web sen actualizacións e con información errónea dende 2013

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación Lugo Monumental rexistrou este mércores un escrito no que denuncia perante o Concello de Lugo o abandono do sitio web oficial da Praza de Abastos e mailo Mercado de Quiroga Ballesteros, www.mercadodelugo.gal. A patronal sinala que o servizo leva sen actualizar dende 2013.

O desfase implica que a web oficial inclúa información errónea, citando máis de quince postos comerciais que deixaron de existir, ou ignorando outros cinco que si están a traballar nas instalacións. Así mesmo, os empresarios do casco histórico advirten que os planos da Praza de Abastos, adicados precisamente a informar deste espazo, son anteriores á reforma efectuada no espazo; a ubicación e a distribución dos postos son totalmente irreais.

Un custe de 35.000 euros e nin informa nin permite a venda online

O esquecemento do sitio electrónico da Praza de Abastos afecta asemade aos eventos recollidos, todos de hai cinco anos. Incluso un patrocinador da programación, E.On, abandonou esa denominación comercial en 2015, cando pasou a ser Viesgo. A tenda en liña segue a incluír produtos de tendas que levan anos pechadas, e non permite rexistrarse para adquirir aqueles bens de postos que aínda perduran.

Lugo Monumental lembra que a web tivo un custe de 35.000 euros para a posta en funcionamento, a pesar de que leva dende 2013 sen cumprir co seu cometido. Nin informa dos servizos da Praza e o Mercado, nin sirve para a venda electrónica.

Ademais de rexistrar a queixa, Lugo Monumental reitera o seu ofrecimento para facerse cargo da xestión do sitio web de balde, e agardan a resposta do consistorio.

ÚLTIMAS

Unha pelexa nun after en Lugo mobiliza a varias unidades policiais

Dous mozos protagonizaron este xoves unha pelexa ante un local de after no centro...

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...