InicioSucesosDestapada unha fraude á Seguridade Social de máis de 5 millóns de...

Destapada unha fraude á Seguridade Social de máis de 5 millóns de euros en Lugo e León

A operación péchase con 14 detidos por delitos de fraude contra a Seguridade Social e Frustración da Execución.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional, en colaboración coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, levaron a cabo nas provincias de León e Lugo a operación Dorma, dirixida contra a fraude á Seguridade Social no sector da extracción e manipulación da pizarra, cuantificándose o fraude en 5.019.996,71 euros. Un total de 14 persoas foron detidas pola súa presunta implicación nos delitos de fraude contra a Seguridade Social e Frustración da Execución.

As investigacións comezaron en marzo dese ano, tras recibirse un escrito-denuncia da Seguridade Social no que se requiría a actuación policial ante as diversas actuacións irregulares levadas a cabo polos administradores de distintas empresas co fin de eludir as súas obrigas de pago coa Seguridade Social. 

As sociedades formaban un grupo empresarial creado e dirixido por un clan familiar formado por un pai e o seu tres fillos, composto por, polo menos, dezanove sociedades. Estas mercantís foron constituídas ou adquiridas co único fin de eludir o abono da débeda que ía acumulando a empresa principal, ao incumprir a obrigación do pago das cotizacións sociais dos traballadores aos que se deu de alta na mesma.

Ademais, pretendían evitar os posibles embargos e demais accións que puidese iniciar a Seguridade Social ao ocultar de forma consciente, voluntaria e deliberada, o volume real de negocio. Á súa vez, valéronse de diferentes persoas interpostas para ocultar aos auténticos responsables das empresas. En consecuencia, creouse unha trama perfectamente organizada cun sistema deseñado para a defraudación.

O obxectivo do grupo era centralizar e concentrar a débeda contraída coa Seguridade Social pola sociedade matriz mentres se realizaban as vendas producidas pola extracción de pizarra a través doutras sociedades non debedoras. Desta forma, impedíase o embargo das ganancias producidas ao ocultar de forma consciente e voluntaria a situación real do negocio. Con esta operativa consolidáronse como un dos produtores máis importantes da zona, ao que a Consellería de Industria, Comercio e Turismo da Xunta de Castela e León outorgáralle unha Concesión de Explotación administrativa.

EMPREGADOS

Outra práctica habitual do grupo empresarial era a utilización dos traballadores da forma máis convinte para o clan. As sociedades daban de alta e de baixa aos empregados de forma conxunta e coordinada e realizaban un transvasamento masivo dos mesmos cando era necesario. En moitos casos fixeron este cambio de empresa nun espazo de poucos días ou, mesmo, ao día seguinte de cesar na sociedade anterior. Estes non tiñan posibilidade de negativa xa que lles ameazaba co despedimento.

Co obxectivo de ocultar aos verdadeiros responsables das empresas, utilizaron homes de palla. A maioría eran ou foran traballadores das mercantís investigadas que non posuían nin formación, nin experiencia laboral na administración de empresas. Ademais, adquiriron bens sen necesidade de solicitude de financiamento externo, dato que acreditaba un elevado poder adquisitivo así como a nula intención de pago ao preferir distraer o seu patrimonio que aboar o debido.

En base a todas as investigacións levadas a cabo por parte da Policía Nacional, púidose determinar que o prexuízo económico total causado á Tesouraría da Seguridade Social polo grupo empresarial ascende a 5.019.996 euros. Esta cantidade puido verse incrementada de non ser polas actuacións policiais, xa que se detectaron novos intentos de descapitalización das sociedades co único fin de dificultar labores executivos de prema por parte da Seguridade Social. 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...