InicioLugo e contornaLugoArte en Lugo: Yoe33 e unha galaica que xa é lenda da...

Arte en Lugo: Yoe33 e unha galaica que xa é lenda da cidade

Un mural aínda non rematado que en catro semanas xa acumula varias páxinas de historia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Era sabido, Yoe33 ía facer historia unha vez máis, e non defraudou. Un dos pioneiros do graffiti lucense, con máis de 30 anos de traxectoria artística, encárgase estas semanas de elaborar un mural destinado, dende antes de ser iniciado, a converterse nun novo emblema da cidade. Agora, antes de ser rematado, xa conta con varias páxinas de aventuras.

Antes de ser finalizada, esta semana a galaica da Ronda da Muralla foi branco de varias críticas nas redes sociais, algunhas delas de moita intensidade, e o resultado foi que o seu autor, Manuel Pallín (Yoe 33) decidise dar un xiro no guión. Un xiro sentido por moitos lugueses -que admiraban o proceso creativo previo- que agora están dobremente volcados cun artista querido, respectado, admirado, que respondeu á situación coa altura que xa se lle coñece.

Unha cara tapada, uns novos trazos, posteriormente incluso un “Mural en proceso” en medio da parede acompañado dun corazón… e a Muralla Romana, con numerosos espectadores e “hinchas” de Manu utilizándoa de balcón e de tribuna para mandarlle forzas e azos, vivindo un novo capítulo nos seus máis de 1700 anos de historia.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...