InicioLugo e contornaLugoNovo mural nas rúas Portugal e Amizade de Lugo dentro da terceira...

Novo mural nas rúas Portugal e Amizade de Lugo dentro da terceira edición do Culturbán

Culturbán é mostra de arte na rúa, organizado e coordinado pola Área de Cultura do Concello de Lugo xunto a Espazo Lupa Arte que este ano celebra a súa III edición.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, explicou que desde o Goberno de Lugo “seguimos a traballar en intervencións artísticas na rúa que convirtan a Lugo nun lugar vangardista, participativo e amable”. O novo mural, elaborado pola artista multidisciplinar Soberina Doa Oa.

Dentro do seu proxecto artístico, chamado “Reforestando”, Doa Oa pretende transformar o espazo público a través dunha intervención mural de temática vexetal co obxectivo de espertar a conciencia do respecto á contorna natural e ao reino vexetal.

A artista elixiu para a súa intervención artística en Lugo a flor “Primula Vulgaris”, unha planta que crece de maneira silvestre na provincia de Lugo en zonas húmidas, sendo unha das plantas que primeiro florecen na primavera.

Con esta proposta, Doa Oa pretende “Reforestar” e encher de vida natural os muros a través da mirada botánica, co fin de renacer o espazo e conseguir que a intervención tamén teña unha función didáctica ademais de artística.

Culturbán é mostra de arte na rúa, organizado e coordinado pola Área de Cultura do Concello de Lugo xunto a Espazo Lupa Arte que este ano celebra a súa III edición. A área de Cultura propón un proxecto dedicado a crear, producir e apoiar actividades relacionados coa arte urbana co obxectivo de propiciar e difundir a arte no espazo público, programando diversas actividades sobre arte e cultura en diferentes lugares e espazos da cidade de Lugo.

ÚLTIMAS

TSXG declara nulo o ‘catastrazo’ de Sarria tras unha demanda colectiva

A Sección Cuarta do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou...

Detido un home por presuntas ameazas de morte contra a súa muller

A Policía Local de Lugo detivo por violencia de xénero a un home no...

A Deputación investirá máis de medio millón de euros en vías de Castroverde

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres novas investimentos por...