InicioLugo e contornaLugoAs medidas do Concello de Lugo para poñer freo á poboación de...

As medidas do Concello de Lugo para poñer freo á poboación de pombas

O Concello recoñece sobrepoboación e pide á cidadanía que non alimente aos animais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Límite ás pombas na cidade de Lugo. O Concello da cidade lucense vén de anunciar que intensificará o control destas aves “baixo parámetros de benestar animal” logo de subliñar que a urbe sofre “un excedente de exemplares, cunha colonia de case un millar de individuos” que, a ollos do consistorio, “condiciona a convivencia cidadá”.

Así o apunta o Executivo de Lara Méndez, que, a través da área de Medio Ambiente que dirixe o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, reforzará as medidas de control de pombas co obxectivo de reducir a poboación deste tipo de aves que están asentadas na capital.

“Falamos de que, actualmente temos unha colonia integrada por preto dun milleiro de individuos que tentaremos reducir para minimizar tamén tanto as molestias que a súa masificación actual supón para a cidadanía como os danos que ocasionan ao mobiliario urbano e ás edificacións”, sinalou o edil.

Miguel Fernández deu conta de que, “seguindo as recomendacións dos técnicos e sempre baixo os parámetros de benestar animal e de respecto á conservación da fauna e á súa correcta integración na paisaxe urbana, nos próximos días intensificaremos os labores de captura en vivo, que durante todo o ano xa se realizan de modo continuo, ate acadar un asentamento de exemplares proporcionado e que favoreza a convivencia”, referiu.

O concelleiro de Medio Ambiente explicou, así que serán profesionais especializados na materia os que coloquen gaiolas provisionais nas prazas do Centro Histórico, en diferentes días, “sendo esta a práctica máis efectiva e tratándose de métodos autorizados, que en todo momento cumpren coa normativa autonómica, nos que prevalece o coidado dos animais que logo serán liberados noutros espazos máis apropiados nos que a súa supervivencia causa menores prexuízos”.

Por outra parte, Miguel Fernández aproveitou a ocasión para solicitar a colaboración da veciñanza e instou ás e aos lucenses a non alimentar ás pombas para non contribuír ao crecemento exponencial da especie nin á súa agresividade para obter comida, factores que se agravaron coa instalación e ampliación de terrazas na cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...