InicioLugo e contornaLugoUn PSdeG unido reivindica en Lugo a esencia da esquerda e carga...

Un PSdeG unido reivindica en Lugo a esencia da esquerda e carga contra a marxinación da cidade por Feijóo

Critican os incumplimentos para traer un servizo de hemodinámica 24 horas ao HULA e a cancelación de acordos e proxectos no antigo hospital.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As promesas incumplidas de Alberto Núñez Feijóo coa cidade de Lugo foron o centro das críticas dos líderes do PSdeG que este sábado se ceron cita en Lugo durante a celebración dunha Executiva nacional deste partido.

De feito, tanto o secretario xeral, Gonzalo Caballero, como o secretario provincial, Álvaro Santos e a alcaldesa, Lara Méndez, criticaron as promesas incumpridas do PP con Lugo, como a falta dun servizo de hemodinámica “as 24 horas” no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), ou a paralización de proxectos no antigo hospital.

Pola contra, Lara Méndez, destacou as propostas “en positivo” que supoñen os gobernos socialistas para as cidades galegas fronte a un PP “sen proxectos, sen ganas” e que “se presenta nesta cidade “querendo facer propostas de futuro cun aval irrisorio” ao pór como exemplo o “HULA, xa planificado por un goberno socialista”.

Gonzalo Caballero, pola súa banda, asegurou que a dereita representa “o peor escenario” para as cidades galegas e puxo en valor o traballo realizado polos gobernos do Partido Socialista, como o caso da cidade Lugo con Lara Méndez que contrapuxo co “desastre das políticas do PP” na cidade de Ourense cun goberno municipal “que en catro anos non ten aprobados nin uns sós orzamentos”. Ademais, criticou ao candidato do PP á Alcaldía de Lugo, Ramón Carballo, anunciado por Feijóo este venres. “Quérolle dicir a Feijóo que, cando di que a súa primeira opción é Carballo, a primeira opción dos cidadáns é Lara Méndez, un goberno socialista”, sinalou.

Antes de celebrar a súa reunión, a dirección do PSdeG realizou un paseo pola cidade no que tamén participou o secretario provincial, Álvaro Santos. Os líderes socialistas trasladaron todo o seu apoio ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ante os “ataques” dunha dereita que “non esperaba perder o poder”.

ÚLTIMAS

Os senadores do PP por Lugo defenden as 159 iniciativas presentadas en 2024, co sector rural ou Alcoa no foco

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo José Manuel Barreiro, José Manuel...

Felipe Rivas deixa o grupo do BNG de Lugo por motivos de saúde

O concelleiro do BNG Felipe Rivas anunciou este venres a súa dimisión por motivos...

“O Goberno investiu máis de 2.300 millóns de euro na provincia”, di o PSOE de Lugo

O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao...

O goberno de Lugo ultima a presentación dos orzamentos para 2025

O goberno local de Lugo ultima a presentación dos orzamentos para este ano, segundo informa...