InicioEconomíaTraballadores de Abante concéntranse diante da empresa polas nóminas non pagadas e...

Traballadores de Abante concéntranse diante da empresa polas nóminas non pagadas e a falta de actividade

O comité de empresa pediu explicacións á dirección de Abante sen obter "ningunha resposta" pola problemática existente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os traballadores da empresa de telemarketing Abante empezaron este mércores a mobilizarse, cunha concentración ante a empresa na cidade de Lugo porque se lles debe dúas nóminas e carecen de actividade.

O presidente do comité de empresa, Manuel Somoza, lamentou que non teñen “comunicación” coa dirección e apenas unha vez máis coincidiron co novo propietario desde que se fixo coa compañía en decembro.

Precisamente, as nóminas que reclaman son as correspondentes coa paga extraordinaria do mes de decembro, á que se une outra deste ano.

A situación agravouse, constatou o sindicalista da CIG, “porque non é só as nóminas”, senón a suspensión de distintas campañas que levaban desde esta empresa, que conta cun centenar de traballadores, aínda que “moitos deles a media xornada” e con soldos de pouco “máis de 800 euros”.

Entre outras “campañas”, Somoza declarou que tiñan a “do servizo 010 do Concello de Lugo, outra para Fillos de Rivera de Estrela Galicia e outra para a comunidade de Madrid na que “se daban citas”.

“Os que estabamos nesas campañas dun día para outro nos atopamos que non podemos realizar o noso traballo porque non nos podemos conectar aos servizos informáticos”, expón.

O comité de empresa pediu explicacións á dirección de Abante sen obter “ningunha resposta” pola problemática existente.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...