InicioLugo e contornaLugoDetidos dous mozos, un deles menor, por roubo con forza tras ser...

Detidos dous mozos, un deles menor, por roubo con forza tras ser sorprendidos cando tenteaban portas e vehículos

O menor de idade quedou en liberdade a cargo dos seus titores e informouse á Fiscalía de Menores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron a dous homes, un deles menor de idade, por un delito de roubo con forza en grao de tentativa tras ser sorprendidos cando tenteaban portas e vehículos. Segundo informou a Policía Nacional, ao maior de idade cónstanlle varios antecedentes e foron localizados no interior da estación de autobuses de Lugo, despois de saltar o valo de peche.

Os feitos ocorreron na madrugada deste pasado domingo cando as dotacións de Radiopatrullas en servizo realizaban os dispositivos de control de roubos en locais da cidade. Así, relatan as mesmas fontes, observaron como dous individuos que camiñaban pola rúa Dinan, mostraban “un deambular anormal”, engaden, para a zona e o lugar, polo que decidiron quedar á expectativa e observalos, momento no que estes dous mozos saltaron cara ao interior da estación de autobuses.

Por parte da dotación de Policía Nacional que vixiaba a estes dous homes, solicitáronse reforzos dos demais indicativos que se atopaban no mesmo dispositivo en diferentes zonas da cidade, “para poder cubrir todas as posibles vías de saída do recinto”, explica a Policía.

Unha vez se estableceu o dispositivo de control da estación, tempo no que se escoitaron desde o exterior “fortes golpes metálicos e ruídos de diferente natureza”, indica a Policía Nacional. Por iso, unha dotación policial procedeu a saltar o valo e entrar ao interior.

Tras unha pequena batida polo lugar, observaron aos dous homes sentados nun banco e manifestaron que esperaban o autobús. Os axentes constataron no lugar que estaba forzada a porta dun dos vehículos estacionados nas dársenas, varias maquinas expendedoras e diferentes danos a porta interior de acceso aos despachos de billetes, por ,o que procederon á detención destes individuos e ao seu traslado a dependencias policiais.

Unha vez na comisaría procedeuse a tomar declaración a ambos. O menor quedou en liberdade a cargo dos seus titores e informouse á Fiscalía de Menores, mentres que o maior de idade permanece nos calabozos á espera de pasar a disposición xudicial este luns.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...