InicioLugo e contornaLugoLugo acolle unha exposición sobre os xoguetes históricos de cada xeración

Lugo acolle unha exposición sobre os xoguetes históricos de cada xeración

Preséntase como un "punto de encontro" entre pequenos e maiores da man do lecer.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo acollerá esta vindeira fin de semana unha exposición focalizada no lecer, os xoguetes, e o encontro de diversas xeración arredor deles. Así Xogabamos será o título destas xornadas que veñen organizadas pola área de Cultura en colaboración coa asociación Tebuki Toy, e que se poderá visitar no Museo Interactivo a partir do vindeiro sábado.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro explicou que “esta exposición é un percorrido por unha parte da nosa historia máis recente, na que toda a familia poderá compartir lembranzas da infancia e ver como mudan os tempos a través dos xoguetes que desfrutamos en cada xeración”.

A exposición abrirá as súas portas o vindeiro sábado 5 de febreiro a partir das 11 horas. Ao longo desta fin de semana, os integrantes de Tebuki Toy organizarán distintos obradoiros para nenas e nenos de 4 a 7 e de 8 a 12 anos. Estes terán lugar o sábado 5 de 11 a 12 e de 12:30 a 13:30, e o domingo 6 de 11 a 12 horas.

Asimesmo, segundo apuntan dende o Concello, a exposición poderá visitarse entre o 5 de febreiro e o 28 de maio, nos horarios de apertura do MIHL, de martes a venres de 10 a 13:30 e de 16 a 19:30, sábados, domingos e festivos de 10 a 14 e de 16:30 a 19:30, e durante a semana santa de 10 a 14h e de 16:30 a 20:30. O día internacional dos museos, 18 de maio, o MIHL abrirá en horario ininterrumpido dende as 10 ata as 20 horas.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...