InicioLugo e contornaLugoDetido un home que ameazou ao persoal dun centro sanitario por negarse...

Detido un home que ameazou ao persoal dun centro sanitario por negarse a darlle medicamentos

Foi detido por presuntos delitos de atentado contra axentes da autoridade, ameazas e danos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un veciño da cidade, de 38 anos de idade, como presunto autor dun delito de atentado contra axentes da autoridade, ameazas e danos en mobiliario, despois de enfrontarse de forma agresiva co persoal dun centro sanitario que se negou a darlle uns medicamentos.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do martes, cando o 092 recibiu un aviso para acudir á PAC de Fingoi xa que no seu interior había un home en actitude moi agresiva..

Os axentes foron informados de que este home se presentou no centro sanitario solicitando que lle desen medicamentos prohibidos e, ao negarllos, comezou a porse moi agresivo, ameazando de morte ao persoal facultativo e rompendo o mobiliario da PAC.

Os policías identificaron o sospeitoso, que seguía gritando e que comezou a ameazar tamén aos axentes, aos que dixo que lles ía a “cortar o pescozo”, ou que ía coller ” unha pistola” e pegarlles “catro tiros”. De feito, chegou a abalanzarse sobre un dos funcionarios, ao que golpeou nun brazo.

Por estes feitos, foi reducido e inmobilizado para proceder á súa detención, polos delitos de atentado contra axentes da autoridade, ameazas e danos.

GOLPES NA PORTA E AMEAZAS A VECIÑOS

Por outra banda, na tarde do martes, a Policía Local de Lugo acudiu tamén a un edificio da rúa Paxariños, pola presenza dun home que estaba a golpear a porta dunha vivenda e ameazando aos veciños do inmoble. Ao chegar, os axentes localizaron ao sospeitoso, un home de 56 anos de idade, e tentaron tranquilizalo, pero o home non deixaba de bracear e gritar, e lanzou varias patadas a un dos axentes.

Tras reducilo, os funcionarios escoltárono escaleiras abaixo do edificio e, nun momento determinado, o home propinou un empuxón a un dos policías, que tivo que ser agarrado polos seus compañeiros para non precipitarse polo oco da escaleira desde unha altura dun terceiro piso.

O home acabou detido por atentado contra axentes da autoridade e a Policía comprobou tamén que ameazara de morte e collera polo pescozo a unha persoa de idade avanzada que vive con el nese mesmo edificio.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...