InicioA UlloaBaixan os casos activos de Covid pero aumentan lixeiramente os hospitalizados

Baixan os casos activos de Covid pero aumentan lixeiramente os hospitalizados

Os contaxios e casos activos descenderon en todas as áreas sanitarias agás na Coruña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de persoas hospitalizadas con Covid en Galicia aumentaron levemente nas últimas horas, e son 44 os pacientes na UCI (3 máis) e 642 os que están en unidades convencionais (28 máis), aínda que o número total de casos activos descendeu a 62.867, e tamén se conteñen por baixo de 4.300 os novos contaxios detectados.

Segundo os datos publicados este luns pola Consellería de Sanidade, con información recollida ata as 18,00 horas deste domingo, hai 62.867 casos activos de Covid en Galicia (2.764 menos que hai un días), dos que 16.370 correspóndense coa área sanitaria de Vigo (804 menos), 13.850 son da área da Coruña (785 menos), 9.987 son casos da área sanitaria de Santiago (441 menos), na área de Pontevedra son 6.982 casos (342 menos), na área de Lugo hai 6.394 casos (297 menos), na área de Ourense hai 6.271 (311 menos) e na área de Ferrol hai 3.013 casos (54 menos).

Con respecto ás persoas hospitalizadas, nas últimas horas produciuse un lixeiro repunte, e o número de ingresados pasou de 658 a 686, dos que 44 son pacientes en UCI (3 máis que hai un día) e 642 son pacientes en planta (28 máis).

Por áreas, a da Coruña ten o maior número de casos graves, con 13 persoas ingresadas en coidados críticos (dous máis), mentres que en Vigo hai 9 pacientes en UCI (un máis). Na área sanitaria de Lugo mantéñense 7 persoas con Covid en UCI e tamén se mantén sen cambios o mesmo número de pacientes na UCI de Pontevedra-O Salnés (5 persoas), Santiago-A Barbanza (4 persoas), Ourense (4 persoas), e Ferrol (2 persoas).

En canto aos pacientes con Covid en unidades convencionais de hospitalización, creceu o número en todas as áreas sanitarias. Así, na Coruña pasaron de 163 a 165; en Santiago pasaron a 104 (un máis); en Vigo creceron de 82 a 90; en Ourense son 87 hospitalizados (6 máis); en Lugo pasaron de 74 a 79 pacientes; en Pontevedra subiron a 82 (un máis); e en Ferrol pasaron de 33 a 35.

NOVOS CONTAXIOS

Segundo os datos publicados polo Sergas este luns, os novos contaxios de Covid en Galicia seguen contidos, e rexistráronse nas últimas horas 4.246 casos novos, o que supón 287 contaxios menos que os notificados o domingo.

Por áreas, as novas infeccións confirmadas descenden en todas, salvo nas da Coruña –onde se rexistraron 953 contaxios novos– e Ferrol — onde se notificaron 224 contaxios novos. Na área de Vigo hai confirmados 1.087 casos de Covid novos; na área de Santiago hai 705 contaxiados máis que hai un día; na área de Pontevedra rexistráronse 483 contaxios novos; na área de Lugo hai 416 persoas infectadas máis; e na área de Ourense rexistráronse 378 contagios novos.

Segundo o Sergas, a taxa de positividade das probas PCR (o número de resultados positivos por cada 100 probas) situouse nas últimas horas no 19,5 %, moi por encima do 5 % que fixa a OMS como límite para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...