InicioLugo e contornaLugoDetida unha muller por insultar e agredir a uns axentes tras unha...

Detida unha muller por insultar e agredir a uns axentes tras unha denuncia previa por furto

O home que tratou de separala na pelexa que tivo con outra muller sufriu feridas nun ollo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron en Lugo a unha muller, de 45 anos, por un delito de atentado a axente da autoridade despois de que protagonizase unha pelexa con outra coa que, previamente, cometera un furto, segundo informa este corpo policial.

Os feitos ocorreron na tarde do xoves na avenida da Coruña. A Policía Nacional foi alertada de que se estaba producindo unha pelexa polo que se desprazaron ao lugar. Alí, presenciaron un gran tumulto na beirarrúa e puideron ver como unha muller estaba a empuxar a un home cara á vía pública por onde transcorre o tráfico rodado. Unha vez logran separalos e pór a salvo ao home, a muller que estaba moi alterada, comezou a insultar aos policías actuantes, xa que unhas horas antes tivera unha intervención coa Policía Nacional.

Nesa intervención, tanto ela como a súa amiga foran denunciadas por un furto nun supermercado da zona. A continuación e coa muller un pouco acougada, maniféstanlles que estas dúas amigas comezáronse a pelexar na beirarrúa, co que o home que estaba a ser agredido, tratou de separalas para que non fora a máis. Froito diso, sufriu feridas nun ollo e estivo apunto de ser atropelado polos turismos que transitaban pola rúa.

Coa situación xa en calma, está muller, que estaba falando cos policías intervintes, comeza a golpealos, con puñadas e patadas, á vez que proferiu todo tipo de insultos e vexacións. Por iso, foi detida, á espera do seu pase a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...