InicioLugo e contornaLugoLugo Monumental esixe "máis seguridade" para o centro da cidade tras os...

Lugo Monumental esixe “máis seguridade” para o centro da cidade tras os novos altercados a fin de semana

Advirte da necesidade de incrementar a seguridade dende o punto de vista humano e tamén patrimonial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da asociación Lugo Monumental, que comprende distintos negocios do centro histórico da cidade de Lugo, Luís Latorre, esixiu “máis seguridade” e máis cámaras de vixilancia para o centro da capital luguesa esta pasada fin de semana.

Así o demandou Latorre despois de que un mozo de nacionalidade brasileira fora acoitelado durante unha pelexa que se produciu durante a madrugada do sábado ao domingo na rúa Catedral. O mozo foi atendido no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, despois desta liorta na que participaron varios mozos e na que foi precisa a intervención da Policía Nacional para separar aos implicados.

Latorre indicou que por parte desta asociación están “fartos de pedir unha e outra vez máis seguridade no centro histórico porque hai dúas cuestións, unha é a parte humana como a esta persoa á que lle deron unhas navalladas e logo está a parte patrimonial onde hai cousas que si se destrúen, como os herraxes da Catedral, non ten solución e iso está a pasar”, avisa.

O presidente de Lugo Monumental volveu a pór o acento en que, ademais, están “aburridos” de pedir “cámaras de seguridade”. “Hai unha que se acaba de renovar que é para vixiar os accesos ao centro e pór multas, para iso si hai cámaras pero para a seguridade patrimonial e cidadá parece que non”, protestou.

No lugar onde se produciu este incidente, na rúa Catedral, Luís Latorre puntualizou que “está a haber aí algúns incidentes que confío que se atallen, é unha zona que está a se degradar e é unha pena porque falamos do centro histórico”.

Por parte do grupo municipal do PP no Concello de Lugo, o seu viceportavoz Antonio Ameijide, esixiu ao goberno local actuacións “urxentes” para deter a “espiral de roubos e violencia que se suceden, cada vez con máis frecuencia, en Lugo”.

Ameijide lanzou dita “esixencia” despois de coñecer “o terrible suceso que tivo lugar na madrugada do sábado ao domingo na contorna da Catedral, unha batalla campal que concluía, polo menos, cun ferido por arma branca”.

+ posts

ÚLTIMAS

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...

Cinco detidos por subtraer un vehículo e por dous roubos con forza en Negreira e Lugo

A Garda Civil informou da detención de cinco persoas como presuntos autores de dous...

Inician en Pastoriza o estendido do aglomerado na estrada de Meira a Fonmiñá

  A Deputación de Lugo vén de iniciar o estendido do aglomerado en quente na...