InicioLugo e contornaLugoInvestigan un incendio que calcinou varios vehículos e motos de moito valor...

Investigan un incendio que calcinou varios vehículos e motos de moito valor nunha nave en Lugo

Hubo que desaloxar a catro portais de veciños.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio rexistrado nunha nave situada da rúa Rei Don García de Lugo calcinou sete coches, catro motocicletas e unha caravana dun mesmo propietario. Con todo, non se rexistraron danos persoais. Así o confirmou o encargado do operativo de emerxencias, o bombeiro Enrique Trashorras, quen incidiu na importancia de “avisar con tempo” aos bombeiros ante un suceso destas características.

O aviso foi recibido ás 20,47 horas e ás 20,52 horas xa se atopaba na rúa lucense o dispositivo de bombeiros e policía local. “Houbo que desaloxar os portais 38, 36, 40 e 42, así como facer un control de ascensores”, matiza. Ademais, había persoas con mobilidade reducida ás que prestar especial atención.

Segundo veciños da zona, “nese garaxe gardábanse coches de moito valor, eran de colección”, apuntan. Con todo, Trashorras non pode certificalo pois “estaban feitos cinza por completo”. O que si se puido salvar son dúas motos, unha de auga e unha autocaravana.

O baixo, lugar que no seu día estaba ocupado pola recoñecida tenda eléctrica Baladrón, agora foi pasto das chamas. “Había moito fume e chamas moi altas”, describe o bombeiro, que explica que tiveron que acceder por “unha estancia paralela” ante a imposibilidade de facelo pola porta principal.

“As autoridades policiais están a levar a cabo a investigación”, pero por agora, nada se sabe sobre como puido producirse este incendio no medio da cidade.

ÚLTIMAS

11 candidaturas optan ao XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural 2025

Rematado o prazo de presentación de candidaturas, a Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento...

O TSXG confirma o veto ao parque eólico Medoutraves na Fonsagrada por afectar á Rede Natura

A sección terceira da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

A ARMH homenaxeará a deportados lucenses en campos nazis co proxecto ‘Stolpersteine’

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) iniciará a próxima semana as...

O Concello de Lugo reclama á Xunta o financiamento do SAF segundo o “custo real”

O goberno local lucense defenderá no pleno deste mes unha proposición para reclamar á...