InicioLugo e contornaLugoDetido un veciño de Lugo por tentar roubar o bolso pola forza...

Detido un veciño de Lugo por tentar roubar o bolso pola forza a unha muller en Ourense

O home foi detido cando roubou o bolso a outra muller media hora máis tarde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha patrulla de Seguridade Cidadá da Policía Nacional de Ourense detivo a un home veciño de Lugo por tentar levar pola forza o bolso dunha muller coa que se cruzou na Avenida das Caldas na capital ourensá.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos sucederon na tarde do pasado día 5 cando foi arrestado un veciño de Lugo que ás 7,15 horas do 1 de xaneiro tentara levar pola forza o bolso dunha muller coa que se cruzou na Avenida das Caldas.

Os feitos ocorreron cando a muller, que ía ao seu posto de traballo, se cruzou con este home que, ao chegar á súa altura, “tentou arrebatarlle o bolso pola forza, forcexeando durante uns instantes ata que outros viandantes que pasaban pola rúa decatáronse da situación e acudiron na súa axuda“, relatan as mesmas fontes policiais.

Ao ver que outras persoas se achegaban para axudar á vítima, o home soltou o bolso e fuxiu á carreira do lugar, destacou a Policía Nacional.

O grupo UDEV da Policía Nacional, tras realizar unha investigación para identificar o autor dos feitos, determinou que esta persoa fora detida ese mesmo día 1 de xaneiro, media hora máis tarde, na rúa Sáenz Dez tras ser sorprendido cando roubaba pola forza o bolso a outra muller.

O individuo foi arretasdo naquel momento por ese feito, pero entón descoñecíase a súa posible relación coa tentativa anterior, pola cal foi detido nesta ocasión, días despois, puntualizan as mesmas fontes.

A Policía identificou ao presunto autor destes feitos como un cidadán español de 47 anos de idade veciño de Lugo, que quedou en liberdade tras ser posto a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...