InicioLugo e contornaLugoDenunciadas nove persoas en Lugo por non facer uso da máscara obrigatoria

Denunciadas nove persoas en Lugo por non facer uso da máscara obrigatoria

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo levantou nos últimos días un total de nove actas de denuncia ao sorprender a outras tantas persoas que transitaban pola vía pública sen facer uso da máscara obrigatoria, medida que entrou en vigor o venres, día de Noiteboa.

Asi figura no balance de incidencias entre os días 24 e 26 de decembro que este luns publicou o Concello lucense. De todas este nove sanciones postas pola Policía Local, unha delas foi para un controlador de acceso a un local de lecer nocturno situado no centro histórico da cidade.

Así mesmo, os axentes levantaron acta de denuncia contra un establecemento nocturno da Rolda da Muralla ao detectar, sobre as 3,30 horas, que había unhas 50 persoas no seu interior e unha gran cantidade de fume branco –o chamado ‘efecto megatrón’–.

Así, os actuantes observaron que o medidor de dióxido de carbono do local marcaba un valor 3,5 veces por encima do permitido, polo que procederon ao seu desaloxo e a denuncialo conforme á Lei de Saúde de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

Restrinxida a circulación nunha estrada de Cervantes por unha gran focha

Unha focha rexistrada na estrada LU-P-1402, que une San Martiño da Ribeira con Vilaquinte...

O BNG pedirá recursos para a reparación da muralla de Lugo e reclama que se cumpra co Plan Director

Os edís nacionalistas no Concello de Lugo, encabezados polo tenente de...

Lugo Monumental pide ao Concello corrixir o estado de “abandono” da zona histórica

A asociación Lugo Monumental considera preocupante que en dous meses e medio o Concello...

Carmela López destaca o labor do Museo Comarcal da Fonsagrada, recoñecido co Butelo de Ouro

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este domingo xunto ao Alcalde...